Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas
A+ A A-

O Cura do Lor, Lendas Galegas

"Europa, o vello mundo, onde a historia se comezou a escribir tres mil anos antes que no novo continente é un exemplo de continuo avance e evolución onde quedan atrás as lendas do acontecido e onde sabemos, ou deberiamos de saber,  o que non hai que volver a repetir."

APROXIMACIÓN Á ÉPOCA

A mediados do século XIX nas aldeas galegas existía unha economía de subsistencia onde o home, a natura e os animais estaban interrelacionados. A fame formaba parte do día a día e levarse algo pra comer á boca era algo que requiría de moito esforzo.

Naqueles tempos nos que as armas de fogo formaban parte da vida cotiá da poboación, os encargados de poñer orde eran os Mangas Verdes. Poderiámolo traducir a vaqueiros e sheriffs do oeste americano.   

O dito : - A boas horas Mangas Verdes!!!, vén daquela época,  onde os recorridos se facían maioritariamente a pé ou no mellor dos casos en bestas ou cabalos.  Cando acontecía algo realmente transcendental eran eles os que se desprazaban a por orde  e sempre chegaban tarde, o que deu orixe ao dito. 

Era tan grande a inseguridade das zonas rurais que tras finalizar a 1ª guerra Carlista  , o 13 de maio de 1844 Francisco Javier Girón, II Duque de Ahumada, funda a Garda Civil , substitutos dende aquela dos famosos Mangas Verdes.

CARAPE

Non coñecemos o nome do cura pero sí o do asasino.

O cura do Lor era coñecido na comarca Guímara por ser un gran home de Fe. Endexamais pronunciou blasfema ningunha, cada vez que necesitaba facelo usaba un comodín, unha palabra que 150 anos despois da súa morte sabemos que pronunciaba. Carape.

O ASASINO

O Rato de Eixón matara facía uns días a un tendeiro na serra de Fornelas, roubáralle a mula e as calderillas que levaba, deixándoo  elí tirado.

 

A LENDA

As armas dábanlle opcións aos foraxidos de acometer atrocidades, que moitas veces quedaban impunes.

O medo aos foraxidos era patente nas aldeas e as medidas ordinarias eran non abrirlle a ninguén ao chegar a noite, estar armados e pechar ben tódolos accesos.

Un día, ao escurecer, un home portando unha carta presentouse  e chamou a porta da retoral onde era párroco o susodicho e coñecido como  "CARAPE" .

A desconfianza do crego era grande e non sacou a man de debaixo da sotana ata estar convencido de que o que portaba o documento era un bon home. Dada a choiva e o mal tempo que estaba a facer naqueles días do mes de novembro, fríos e chuviosos, por cortesía invitouno a pasar e cear algo antes de partir e, se o necesitaba, a pasar a noite.

Non ven moito a conto pero a Sotana foi obrigatoria no clero ata o Concilio Vaticano II en 1960, polo tanto ata este ano todo o clero levaba sotana e debaixo delas os segredos eran milleiros.

O temor fíxose realidade e xusto cando a confianza estaba case gañada o asasino sacou a súa arma e ameazou  con matalo se non recibía tódolos cartos que houbese na casa. Carape  ao verse ameazado quixo reaccionar e sacar de debaixo da sotana a arma que uns intres antes pensara en usar, pero o tempo limitado pola bala do RATO non o fixo posible.

A criada non escapou tampouco ás balas do Rato e a filla desta quedou por morta tras ser afogada nun balde de auga.  O foraxido fuxiu co botín e dous foron os mortos  daquela noite de outono nas terras do Lor.

Foi ela, a filla da criada. A súa ocorrencia foi facerse a morta pra salvar a vida. Aterrada non se moveu ata que estivo segura de que o asasino estaba ben lonxe. Entón, ergueuse e foi pedir auxilio. Cando chegaron os Mangas Verdes, ataron cabos e grazas a descrición da rapaciña souberon que o asasino fora o mesmo que días antes matara o tendeiro na serra de Fornelas, o Rato de Eixón.

 

Descarga Libro Gratis
comprar libros
Datos Galicia IGE

No Matching Results!

Datos Galicia IGE
Comprar Artesanía
comprar libros
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA