Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas
A+ A A-

A horta galega en Marzo

OS TRABALLOS EN MARZO

O primeiro venres deste mes pódanse as árbores froiteiras para que dean froito anualmente, tamén e bon momento para facer inxertos dalgunhas árbores.
A primeiros de marzo podemos disfrutar dos filleiros dos chanteiros, unha verdura moi apreciada polos galegos.
Trasplántanse os morteiros de cebolas, leitugas e  remolacha.
Tamén hai que atender aos allos, sachalos, sacarlle as malas herbas.
Polo San Xosé, seméntanse as patacas na leira.  Nos últimos anos  logo de sementalas, no mesmo día ou ao seguinte pásaselle o moticultor para desfacer os torróns que poidan quedar na terra.
Na última semana do mes xa se poden sementar  as xudías verdes, coliflor, repolos de asa de cántaro....
É un mes  de traballo continuo e recoller leña de fronte xa ao futuro inverno é un labor máis.
As "fabas lobas" están en plena flor.

TRUCO PARA UNHAS BOAS CEBOLAS, POR ROSA MARY:

"Debes de sementar dúas cebolas das da colleita anterior neste mes de marzo para que boten semente. Estas sementes usaranse en sementeiros no primeiro menguante de Setembro. Serán as trasplantadas a mediados de marzo no sitio adecuado da horta".

+ Cousas

Marzo é tempo de queimar os rastroxos das podas e restos da horta si non puideches facelo no mes anterior.
Como as árbores ainda non agromaron resulta un mes apropiado para cortar leña de cara ao inverno seguinte.

En marzo comeza a Primavera

As flores silvestres deste mes son dunha gran beleza. As cunetas énchense de florciñas de todo tipo. As mimosas, ainda que invasoras, fan a ledicia d@s máis cativas.
O laurel tamén está florido, os lirios e as lilas. Saen as primeiras rosas.  O arume das flores fai disfrutar o sentido do olfato.
A mediados de mes cerdeiras, pereiras, mazairas e marmelos floridos decoran as aldeas.

Descarga Libro Gratis
comprar libros
Datos Galicia IGE

No Matching Results!

Datos Galicia IGE
Comprar Artesanía
comprar libros
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA