OS TRABALLOS EN MARZO

O primeiro venres deste mes pódanse as árbores froiteiras para que dean froito anualmente, tamén e bon momento para facer inxertos en frutais, cerdeiras, ameixeiras, mazairas ou pereiras.
A folla das árbores autóctonas é empregada para abonar as terras ou darlle frescura ás froiteiras.
A primeiros de marzo podemos disfrutar dos filleiros dos chanteiros, unha verdura moi apreciada polos galegos.
Trasplántanse os morteiros de cebolas, leitugas e  remolacha.
Tamén hai que atender aos allos, sachalos, sacarlle as malas herbas.
Polo San Xosé, seméntanse as patacas na leira.  Nos últimos anos  logo de sementalas, no mesmo día ou ao seguinte pásaselle o motocultor para desfacer os torróns que poidan quedar na terra.
Na última semana do mes xa se poden sementar  as xudías verdes, coliflor, repolos de asa de cántaro....
É un mes  de traballo continuo e recoller leña de fronte xa ao futuro inverno é un labor máis.
Moita xente ceba polos no mes de marzo. O bon tempo anima a criar poliños brancos ou rubios aos que preferiblemente alimentaremos con patacas cocidas e fariña de millo producidas nas nosas terras.

As "fabas lobas" están en plena flor.
Nos xardíns é tempo de  plantar os bulbos dos gladiolos  e as carolas das dalias de outono. Tamén é o momento de reprantar o céspede.
Marzo tamén é tempo de facer semilleiros protexidos xa no exterior. Sandías, melóns, fabas, cabacins, pementos, berenxenas, zenorias e prantas aromáticas.

TRUCO PARA UNHAS BOAS CEBOLAS

"Debes de sementar dúas cebolas das da colleita anterior neste mes de marzo para que boten semente. Estas sementes usaranse en sementeiros no primeiro menguante de Setembro. Serán as trasplantadas a mediados de marzo no sitio adecuado da horta".

OUTROS CULTIVOS

Os garavanzos seméntanse no mes de marzo. Durante séculos fíxose deste xeito e en todas as casas das aldeas había esta costume xa que son parte fundamental do típico cocido galego.
Nas últimas décadas deixouse prácticamente de sementar. O descenso da poboación das aldeas fai que as matanzas domiciliares do porco en Galicia  tamén descendan co cal o ter garavanzos para os callos e o cocido da festa da matanza non é indispensabel.
Na maioria das casas do rural galego mercan un par de quilos en calquera tenda de alimentación aforrando o traballo que supoñía o seu cultivo, limpeza e conservación. 
Os medios de transporte e o facil acceso a eles desprazou o seu cultivo ata entón indispensable xa que a dieta fundamental dos galegos era a base de leguminosas.
O mesmo pasou con outros cultivos tales como as lentellas e as fabas secas, éstas últimas inda se seguen a cultivar pero en menor medida.
En poucas décadas pasamos de cultivar centos de kilos de garavanzos a non sementar ningún. Esta e outras leguminosas danse ben nas nosas terras.

+ Cousas

Marzo é tempo de queimar os rastroxos das podas e restos da horta si non puideches facelo no mes anterior.
Como as árbores ainda non agromaron resulta un mes apropiado para cortar leña de cara ao inverno seguinte.

En marzo comeza a Primavera

As flores silvestres deste mes son dunha gran beleza. As cunetas énchense de florciñas de todo tipo. 
O laurel tamén está florido. Saen as primeiras rosas.  O arume das flores fai disfrutar o sentido do olfato.
A mediados de mes cerdeiras, pereiras, mazairas e marmelos floridos decoran as aldeas.

A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA

Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas

Nota Informativa

Estamos optimizando este sito Web. Algunas páginas pueden no mostrarse correctamente. 

Agradecemos tu comprensión.