Tradiciones rurales de Galicia
A horta galega en Xuño
- Categoría pai: Tradicións
-
Also available:
Fresas e cereixas, unhas exquisitas froitas en apoxeo neste mes. Os campos énchense de amorodos silvestres dun dulzor sen igual.
Arríncanse as prantas dos chícharos e os tirabeques da terra xunto cos paus que serviron de suxeción ás plantas. Se non dispoñemos de máis terra, cavarase esta mesma e trasplantaranse nela as novas plantas de repolos.
As familias de gandeiros recollen a herba para o gado a primeiros de mes e a últimos do anterior embolarase o "SILO". Ao longo de todo o mes de Xuño, ségase, embolase ou empácase en fardos secos para o inverno.
Lembrarche que no San Pedro antes de que salia o sol has de recoller os allos, para que non entren na familia as bruxas durante o resto ano. Por certo, a mediados de mes poderemos gozar das novas patacas.
Non esquezas seguir trasplantando as leitugas dos sementeiros é algo que está presente na mesa todo o verán.
Podes desfrutar en xuño dos repolos de corazón de boi, patacas novas, xudias verdes e tamén dos tomates dos invernadoiros. Uvas e peras de San Xoán son outras das froitas que ten este mes.
A finais de xuño ou principios de xullo recóllese a colleita de liño.
As rosas adornan as hortas e os xardíns, e a finais de mes vanse murchando e deixando paso aos gladíolos e as hortensias
As rosas adornan as hortas e os xardíns, e a finais de mes vanse murchando e deixando paso aos gladíolos e as hortensias