No menguante de agosto arrincaremos as cebolas, unha vez este a rama seca, pois din que ao arrincalas no menguante non se saen, á hora de gardalas para o resto do ano.

Nesta mesma lúa sementaranse as escarolas e tamén xudías verdes que comeremos en outubro.

O día 15 de agosto sementaremos os nabos. A horta está no seu esplendor e todo está a dar froito. Claro acórdache de regar.

É tempo de Dalias, Xirasois, Geranios, Caraveis e unha infinidade de flores, sen esquecernos das amoras silvestres que están en todos os camiños da aldea e coa que se fai unha estupenda marmelada.

A calidade de vida do medio rural galego é neste momento envexable. Aínda que case non hai habitantes os que quedamos gozamos ao máximo da natureza.

O as aldeas o home axuda ao medio natural a ser produtivo e a cambio as persoas séguense mantendo libres e en harmonía coa súa contorna.

Hase de amar o traballo e respectar os costumes e usos do campo galego.

Outono en Galiza

libros
A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA