Moitos non saben o que facer cós polvoróns, outros morren por eles.
Un dos doces máis típicos da cultura gastronómica española de nadal, ten unha aplicación moi boa por parte dos que non lles gustan moito e sempre lles quedan para o último.
A idea é darlle un toque distinto e transformalo noutra cousa máis sabrosa
Pero iso quixen constatalo facendo eu mesma na casa e seguindo os consellos de miña mai.
Ingredentes: fariña de polvoróns, 1 iogurt de 125gramos e a súa medida rechea de aceite de xirasol, 1 sobre levadura, 3 ovos.
Bátese todo ben batidiño e logo ponse nunha forma axeitada para él.
Se o noso papel de forno é de cortar, fixarémonos ben en como facelo, da forma máis intelixente.
A temperatura do forno baixa e 70 minutos de coción pra acadar o punto axeitado pra retirar.
Cando enfría da forma, dáselle a volta e enfaríñase con azúcre muído pra decorar.