Gastronomía Tradicional Galega
Roscón
- Categoría pai: Gastronomía Tradicional
- Visitas: 1690
GALICIA E O ROSCÓN
Sen ningunha dúbida un das sobremesas realmente máis populares e antigas dentro da cociña tradicional galega. Só, mollado en viño, con queixo ou marmelo, o roscón nunca faltou nas casas en tempos de celebración.
Para unha elaboración artesanal, requírense claras de ovo elevadas ao punto de neve e as xemas mesturadas con tantas culleradas de azúcre como ovos sexan. Seguidamente unha cullerada de fariña por casa ovo e tamén e cando levemos a metade da fariña engadiráselle 1 sobre de fermento en po. Deixamos repousar e metemos nunha forma adecuada para o roscón o preparado. Deixámolo no forno ó lume non superior a 150º, para que non alampe, durante o tempo preciso para a súa coción que pode ser ata 2horas.