Gastronomía Tradicional Galega
Brazo de Xitano
- Categoría pai: Gastronomía Tradicional
- Visitas: 1956
O brazo de xitano é tan tradicional na nosa cociña como o mesmo roscón e é un doce indispensable no comedor dunha festa.
Para 9 ovos, 4 culleres de fariña, clara a punto de neve, e o azucre nas xemas. Non leva fermento.
Unha vez cocido no seu punto nunha forma cadrada, retírase e prepárase o recheo.
Hai anos era frecuente enchelo de marmelada de pexego ou de mazá, logo con crema pasteleira ou con flanin.
Aplícaselle fría encima do biscoito e enrólase cun trapo sen romper.
Logo adórnase por enriba.
[gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="2"] [gallery_item title="" src="/images/receitas/brazoxitano.JPG" alt="brazoxitano" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Doce das festas do rural" src="/images/receitas/brazo.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery]