Gastronomía Tradicional Galega
Sopas tradicionais
- Categoría pai: Gastronomía Tradicional
-
Also available:
- Visitas: 1777

PAPAS DE MILLO
Durante moitos anos foi o alimento básico no almorzo dos habitantes de Galicia. Para a súa elaboración ponse leite con auga e sal ao lume ata que empeza a ferver, nese momento vaise mesturando o millo moído e vaise batendo ata que se forma unha masa homoxénea, deixándoo cocer de 10 a 15 minutos.
SOPAS DE MILLO
Sen ningunha dúbida, as sopas de millo formaron parte do menú diario dos nosos campesiños.
A súa doada elaboración consistía en botar leite fervendo encima dunhas sopas de bola de millo previamente cortadas.
SOPAS DE BURRO CANSO
Coa masa que sobraba de facela empanada logo de cocida, e mentres que esta abrandaba coas clásicas follas de berza ou trapos mollados, os homes migaban estas paletres nun cunco e botábanlle viño con azúcre.
SOPAS DE ALLO
Unha vez que o pan de centeo estaba duro, para aproveitalo cortábase en sopas nunha cazola. Fervíase auga cunhas areas de sal que logo se lle vótaba enrriba pra abrandar . Nunha tixola frítense os allos, logo apártanse. No mesmo aceite ou graxa frítense os ovos que logo se lle votarán enriba. Na receita orixinal os ovos van crudos enriba da taza de migas escurridas e logo salpicanse co aceite e os allos ata deixar ao gusto, como se ve no video. Engadirlle azúcre fará que o sabor sexa inesquecible..