Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos
A+ A A-

Acerca do San Xoán

tradicions de san Xoán

As festas cíclicas son celebradas en toda Europa dende a Prehistoria, en canto o home tomou conciencia do significado agrario das estacións.
Nun esforzo cristianizador pasouse a festa do solsticio de verán á noite do día de San Xoán.
As xuntanzas que por este motivo se fan en cidades e aldeas galegas son centos.
Sardiñadas, pancetadas, preceden ás queimadas preparadas mentres se recitan o unísono os conxuros.
A noite máis curta do ano é noite de meigas.
O lume a arma pra loitar contra os males.
Saltar a fogueira un número impar de veces é unha tradición esta noite.
E o mencer a auga cobra tanta importancia como o lume, xa que lavarse coa auga de rosas deixada ao orballo esta noite é o remedio das enfirmidades da pel e manter a beleza
Na Coruña O SAN XOÁN é festa de interese Turístico, en SARRIA e Noite de Meigas e nas praias de SANXENXO ou LOURO e outras, a TRADICIÓN do baño das nove cordas que toman as mulleres que non poden ter descendencia.

 

 

Conxuro da Queimada

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Demos, trasgos e diaños, espíritos das nevoadas veigas.

Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras.

Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.

Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.

Oubeo do can, pregón da morte, fociño do sátiro e pé do coello.

Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, ruxido da mar embravecida.

Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida.

Con este cullerón levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas.

¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente, quedando así purificadas.

E cando esta queimada baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é  verdade que tendes máis poder que a humana xente, aquí e agora, facede que os espíritos dos amigos que están fora, participen con nos desta queimada.

 

 Enlace a versión original   http://aldeasgallegas.com/sanxoan.htm

Datos Galicia IGE
comprar libros
Descarga Libro Gratis

Pontes de Gatin

     PONTES DE GATÍN BECERREA                                                               LUGO   Becerreá es el umbral de para recorrer una de las zonas más agraciadas por la naturaleza: los Ancares.        Es el punto de partida para acceder a la Sierra de Ancares pero cuenta tambien con sus propios espacios naturales entre los que destacan las orillas del río Navia...

Campodola

  http://www.xoanarcodavella.com/2016/02/campodola-quiroga-lugo.html?m=0 La Comarca de Quiroga incluye los municipios de Folgoso de Caurel, Quiroga y Ribas de Sil, en la zona conocida como Ribeira Sacra. Estos dos últimos municipios, bañados por el río Sil junto con el de Folgoso, en las sierras de O...

Castroncán

http://aldeasgallegas.com/Castroncan/castroncan.htm Castroncán (Campo antigo da feira e castro prerromano).  PDF de INTERESE Samos sería un lugar onde os veciños dos castros da Roda do Castro, do Castro da Margarida, os do Castroncán, os do Castro de Loureiro,  celebraban a asemblea máis importante do ano; o...

Comprar Artesanía
RUTAS RIBEIRA SACRA
comprar libros

   diadegalicia

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA