O ULLA

Nace na Serra do Faro (Ansar, Monterroso-Lugo) a 640 m de altitude, da unión da canle principal cos arroios Sucastro, Ribeira e Ermida. Con 132 km de lonxitude, desemboca na Ría de Arousa. A súa conca é a máis extensa despois da do Miño, 2.764 km2.
Afluentes: Pambre, Seco, Furelos, Baíña, Beseña, Arnego, Boente, Iso, Lañas, Brandelos, Deza (únese co Zobra e recibe os afluentes Grobas, Candán, Asneiro e Toxa), Liñares (co Curantes), Vexa, Santa Lucía, Sar, Valga e Louro.
 
Especies: Salmón, Troita, Reo, Lamprea, Anguía, Boga, Reñosa, Saboga e Sáibao.
 
No seu curso atopamos o Encoro de Portodemouros e nun dos seus afluentes a espectacular Fervenza do Toxa (Silleda, 60 m de altura).
Outros atractivos son a Festa do Salmón e Campionato de Pesca (A Estrada), Festa do Escalo en Xirimbao, Pesqueiras de Herbón (Padrón) e Torres do Oeste-Romaría Viquinga (Catoira). Rianxo, terra de Castelao.
 
Xa no primixenio Camiño de Santiago mención especial para o Via Crucis fluvial de Vilagarcía a Cesures onde conclúe co Fito Xacobeo.
 

 

A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA

Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas

Nota Informativa

Estamos optimizando este sito Web. Algunas páginas pueden no mostrarse correctamente. 

Agradecemos tu comprensión.