14 de Xullo
OUTRORA
Posto de Panes, Empanadas e Doces. Éste é un dos postos tradicionais que se mantén na actualidade en todalas feiras galegas.

Polbo e Churrasco
Feiras do mes
Pese ao incremento do prezo do polbo, séguese a manter a costume de xantar nas feiras. É nestes eventos mensuais e periódicos onde o cefalópodo adquire o seu máis auténtico sabor tradicional.

Ir mercar á Feira, segue sendo habitual.

Membrillo e Queixos Artesáns

Posto tradicional de Queixos e Salgados

Froitos Secos e Carne Salgada

Prantas da horta e para a horta.

Roscas de Sober
A FEIRA TRADICIONAL
Somos testemuña da transformación e desaparición das feiras galegas tal e como eran ata hai 35 anos, cando os animais eran unha parte fundamental delas.
Ir a Rubián á Feira foi durante séculos unha obriga para os aldeáns se querían conseguir algo de diñeiro para sobrevivir: vender os ovos, as galiñas, os buchos, os porcos, os xamóns; mercar teas para facer roupa, queixo "castellano" ou bacallau en troques ou levar unha pesetiña para a casa pra manter os fillos.
Son moitos os postos que permanecen no tempo e que se poden ver a miúdo nas nosas feiras: ferramentas, salgados, cestería, antigüedades, froitas, etc. A esta feira, Outrora, engádenselle tradición de oficios e artesanías, xogos interxeneracionais e festa da escuma para os máis pequenos, e unha cita ineludible coa recreación dunha malla dos anos sesenta.
Música, comida e folcklore poñen o broche a unha xornada anual de Feira Tradicional.

Ferramentas Tradicionais

A importancia da Reciclaxe é patente dada a gran cantidade de residuos que xeramos. A concienciación xoga un papel fundamental no proceso de conservación do medio.

Fouces, Gadañas, aperos de Labranza

Angazos tradicionais, cestos de madeira e sombreiros de palla.

Vista Xeral Plaza da Capela do Ecce Homo

Vista traseira da Capela do Ecce Homo e Posto de bastóns de madeiras autóctonas

Mirian Palmón, animadora sociocultural do Concello de Bóveda, responsable do Evento

No VIII concurso de carteis que organiza o concello de Bóveda para ser imaxe da XVII Feira Tradicional Outrora de Rubián (Bóveda) a gañadora foi Mirian Varela Méndez.
OFERTAS LÚDICAS
O son das Gaitas da Banda Municipal da localidade e a Banda de Música de Foz animaron a mañá e a sesión vermout.
Xosé de Guntín acercou vehículos realizados coa reciclaxe de latas de bebidas, creacións que non pasaron desapercibidas entre o público asistente.
Un dos últimos anticuarios que exerce na contorna, dende terras da Ferrería do Incio, trouxo a Outrora antigos pucheiros e pezas tradicionais para a venda.
A olería e o ferro contaron con dous mestres destas antigas disciplinas artesanais facendo as súas respectivas demostracións en vivo dun traballo que outrora foi indispensable para a supervivencia.

DANZA E MÚSICA TRADICIONAL
BANDA DE FOZ
+ COUSAS
Un mestre canteiro, talladores de cristal e madeira, e un instrumentista participaron asimesmo facendo os traballos en vivo...
OFICIOS TRADICIONAIS
LEDICIA OUTRORA
O tempo non rende nada en Outrora pese a desenvolverse ao longo de toda a xornada. De dez a unha, ollar os postos de artesáns singulares, que ata aquí se acercan neste día, mercar algo nos postos tradicionais, disfrutar do son producido pola banda de música invitada e emocionarse vendo bailar tan ben aos cativos do concello a nosa danza tradicional.
Momentos nos que os artesáns explican os detalles dos seus traballos e as técnicas e ferramentas que usan pra facelos, intres que comparten cos nenos cos que fan pequenos obradoiros.
Momentos nos que os artesáns explican os detalles dos seus traballos e as técnicas e ferramentas que usan pra facelos, intres que comparten cos nenos cos que fan pequenos obradoiros.

Nati de Portela, amosa unha das mantas que texeu no tear este inverno e que trouxo a Outrora á venda. O custe dunha manta destas características é superior aos 700€.

Integrantes da Asociación Bolboreta facendo unha demostración do fiado.
ESCUMA E XOGOS TRADICIONAIS
Logo dos obradorios que comezan as 16 horas, o momento máis esperado polos cativos é o de emborquillarse na escuma refrescándose cos amigos. Despois dun bon cacho mollándose e berrando de divertimento, mudan a roupa e dispoñense a xogar cos maiores aos xogos tradicionais interxeracionais ata as oito da tarde.

OUTRORA
CORO NA CAPELA
A Coral Municipal actuou na capela do Ecce Homo ao mesmo tempo que no exterior se realizaba a malla. Foron moitos os que optaron por sentarse a escoitala ata o remate da actuación.

OUTRORA
EQUIPO MALLA 2019
Unha actividade colectiva que se realizaba nas aldeas nos meses de xullo e agosto, a malla dos cereais, foi recreada por veciños de todalas idades.
Leer +