VI FEIRA GUÍMARA
Seis edicións coa deste 2019 nas que os veciños da Pobra do Brollón e as súas aldeas reviven a histórica revolta dos guímaros fronte os condes de Lemos, derivada dos abusos que estes levaban a cabo no territorio.
A recreación da revolta veciñal transmite unha mensaxe de liberdade fronte ao asoballamento recibido. Esixencias señoriais que os veciños non poden tolerar dado que, a diferenza doutras terras da contorna, a Pobra era territorio de realengo, pentencente ao rei, mentres que os señoriais, xuridiscionais ou territoriais, estaban en mans dos nobres.

Pregón e Historia
Revolta Guímara
Música e Ambente
PLEITOS CONTRA OS CONDES DE LEMOS
Hai testemuñas documentais no Arquivo Real de Valladolid de máis dunha ducia de pleitos de veciños da Pobra contra o Conde de Lemos entre os anos 1480 a 1601.
A figura de Lope de Ferreiros sae ensalzada desta edición da feira, onde a poetísa Olga Novo participa aportando estes datos tan importantes para coñecer a resistencia exercida polos veciños fronte aos condes de Lemos. Lope de Ferreiros alenta aos veciños a denunciar pero como consecuencia é castigado polos condes quen logo de atacar as terras guímaras lle corta un pé sen mediar xuízo algún.

ARTESANOS DO SÉCULO XXI
Panes e doces tradicionais da Pobra do Brollón ocuparon postos na Feira Guímara xunto con outros de artesans do Coiro, da Madeira, do Barro e da Pedra.
Celia Paradela trouxo as súas creacións de pinturas sobre lousa, Jesús García as botellas con aperos de labranza no interior, José Luis Alvarez Pardo tallas en pedra e creacións enxebres de instrumentos musicais con gravacións en madeira.
Non faltou un tear, unha cesteira e tamén a olería de Sober da man de FIGULUS.
Demostración con aves de presa e música completaron a xornada.