OS FACHÓS EN CASTRO CALDELAS

OURENSE

Cada 19 de xaneiro véspera do San Sebastián, ás sete da tarde  os veciños das 16 Parroquias coas  86 aldeas que conforman o territorio de Castro Caldelas acollen a festa dos "FACHOS".

Esta celebración pérdese no tempo e a súa orixe  pódese remontar á costume herdada dos seus máis remotos antepasados castrexos. 

Outros vinculan  a orixe á lenda de cando San Sebastián ser perdeu no territorio e tiveron que saír a buscalo  de  noite.

Os veciños diríxense o Castelo, portando os fachóns acendidos que logo deixan diante da igrexa formando unha gran fogueira.

As estreitas rúas que chegan ata él están compostas por casas que seguen mantendo o estilo arquitectónico tradicional ata nas novas vivendas,  asentadas sobre as penas.

O redor desa gran fogata, diante da igrexa dos Remedios, todo os participantes e asistentes comen chourizo da terra con viño da súa  Ribeira Sacra,   a Bica Mantecada ,  doce típico do lugar,   acompañada polo exquisito licor café que tamén se elabora aquí.

Os  fachóns de palla para os portadores individuais teñen entre un e dous metros de lonxitude, pero o protagonista é o gran fachón, cabeza do grupo que no 2001 chegou a superar os 48 metros e que máis de 20 homes se encargan de levar sobre as forquitas.

Como nas últimas décadas xa non se se sementa practicamente cereal,  non se malla,  e moito menos a man; o concello solucionou o problema comprándollelo palleiro a un particular que continuaba coa tradición. Grazas a esta festa o centeo séguese a sementar, xusto cando esta tradición agrícola estaba  a piques de desaparecer.

O pasado medieval reflíctese por todo o territorio  desta comarca con numerosas  ermitas e mosteiros como San Paio  e Santa Tegra da Abeleda, que unha vez estando aquí non se poden deixar sen visitar.

 

Outono en Galiza

libros
A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA