Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos
A+ A A-

14 de xullo, 2016 - Feira Tradicional Outrora - Rubián - Bóveda

Enlace a lista de reproducción de videos

 Enlace á tenda de retratos da Feira

Este 14 de xullo na 14ª edición da celebración desta feira do ano en Rubián novamente chamou a atención  o espazo lúdico cultural  do que se poido desfrutar. Nesta ocasión os postos da feira común instaláronse soamente nas  rúas quedando  reservado para  novos postos de artesáns e oficios tradicionais o campo da festa onde como novidade instaláronse dúas carpas albergando a segunda concentración de bicicletas antigas, tamén  expuxéronse motos e o equipo de fútbol da localidade promocionouse para facer socios no 50 cabodano da súa aparición.

E como estaba previsto as dez e media da mañá abriron as exposicións ao público incluído a de bicicletas .

Os membros da banda de Gaitas e do grupo de Danza municipais actuaron para os asistentes.

Deseguido a banda de Taboada, Juan Montes e a  entrega dos premios da 2ª concentración de bicicletas deron paso ao xantar  como é acostumado nas instalacións privilexiadas coas que conta Rubián. E quen quixo ir comer aquí o "pulpo" ou  churrasco  foi e quen non quixo foi a súa casa ou a unha fonda ou quizais de invitado pero xa todos sabemos que o catorce de xullo a feira e  a troula segue tralo xantar ata ben entrada a noitiña.

 

 

Títeres e obradoiros artesanais infantís e unha festa da espuma a dispor dos nenos visitantes, que unha vez que proban queren repetir así como cós xogos tradicionais interxeracionais. E mentres os nenos xogaban os artesáns continuaron coas súas labouras profesionais, dobregando o ferro, texendo lá, facendo teas e cestos ou pulindo vidreo entre outras exhibicións de oficios eiquí amosadas. A actuación do Grupo de Fiandeiras Bolboreta fixo  deleitar ao público que por primeira vez poido oir aqueles cantos que Outrora os nosos ancestros tantas veces fixeran soar.

Un ano máis  a  Recreación etnográfica da Malla mentres  simultaneamente  na capela se proxectou un documental sobre a construción dun carro galego que tivo moi boa aceptación entre os maiores e mais novos.

A coral de Bóveda  có acompañamento do músico e violinista Yoan Grudikov na capela actuaron entre as nove e as dez do serán e  trala audición fomos a degustar o tradicional “ Isco no Guizo”  e xa para rematar cunha noite de pasodobres para completar esta nova xornada anual lúdico-cultural.

Para moitos foi a primeira vez en Outrora, e ben sabemos os que a coñecemos que se poden repetiran e animarán a máis persoas a coñecer e desfrutar deste gran día de Feira en próximas edicións.

 

 

 

https://www.youtube.com/playlist?list=PL1rPX3sk_9YRVuAiaeaRHg4Tc-iWXnk2G

 

Enlaces a anos atrás

http://www.aldeasgallegas.com/Outrora2015.htm   

  http://www.aldeasgallegas.com/Outrora2014.htm  

  http://www.aldeasgallegas.com/Outrora2013.htm

http://www.aldeasgallegas.com/outrora2012.htm   

   http://www.aldeasgallegas.com/feiraoutrora.htm 2011  

  http://www.aldeasgallegas.com/feira/artesanos.htm  2008

http://www.aldeasgallegas.com/outrora.htm Malla Tradicional

 

 

Tagged under: Feira, boveda, rubián,
Datos Galicia IGE
comprar libros
Descarga Libro Gratis

Pontes de Gatin

     PONTES DE GATÍN BECERREA                                                               LUGO   Becerreá es el umbral de para recorrer una de las zonas más agraciadas por la naturaleza: los Ancares.        Es el punto de partida para acceder a la Sierra de Ancares pero cuenta tambien con sus propios espacios naturales entre los que destacan las orillas del río Navia...

Campodola

  http://www.xoanarcodavella.com/2016/02/campodola-quiroga-lugo.html?m=0 La Comarca de Quiroga incluye los municipios de Folgoso de Caurel, Quiroga y Ribas de Sil, en la zona conocida como Ribeira Sacra. Estos dos últimos municipios, bañados por el río Sil junto con el de Folgoso, en las sierras de O...

Castroncán

http://aldeasgallegas.com/Castroncan/castroncan.htm Castroncán (Campo antigo da feira e castro prerromano).  PDF de INTERESE Samos sería un lugar onde os veciños dos castros da Roda do Castro, do Castro da Margarida, os do Castroncán, os do Castro de Loureiro,  celebraban a asemblea máis importante do ano; o...

Comprar Artesanía
RUTAS RIBEIRA SACRA
comprar libros

   diadegalicia

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA