O DEPORTE COMO OFERTA 

 

  Unha iniciativa que xurdiu fai xa nove anos e pretende non soamente ser unha opción para todos aquelas corredores e afeccionados ao running que viven nos redores ou que se desprazan adrede ata a localidade, senón amosar un escaparate de concienciación  a cidadanía da importancia que ten facer deporte.

Un traxecto plano e urbano  discorre na proba dos sete mil metros, que é a máis longa  que se disputa nesta carreira popular de Monforte. Pero correr en Monforte non é como correr nunha gran urbe xa que os enclaves naturais cós que conta a cidade fan sentirse aos participantes libres de contaminación e envoltos en paisaxes de lenda.

Un recoñecemento para a Policía Local que neste día así como noutras ocasións, tamén é un artífice decisivo para que a cidade non se colapse pese aos cortes das rúas polas que discorre a carreira e se adica a labor pedagóxica da información ao cidadán,  mentres cun ollo supervisa o tráfico e demais necesidades estean cubertas.

Outro recoñecemento para todos aqueles voluntarios, protección civil, Cruz Roxa, que poñen da súa parte para que a convivenza entre os corredores, público e cidadáns que nada teñen que ver coa proba sexa posible.

E como non podía  faltar o recoñecemento a corporación municipal que promove este tipo de eventos e aos demais traballadores do concello que se implican no acontecemento.

[gallery title="IX CARREIRA POPULAR DE MONFORTE" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="1"] [gallery_item title="saída" src="/img src="images/eventos/carreiraPopular/saida.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery] [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="2"] [gallery_item title="Escolapios" src="/images/eventos/carreiraPopular/6.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][gallery_item title="" src="/images/eventos/carreiraPopular/8.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery]

 [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="2"] [gallery_item title="Vista xeral participantes ao seu paso pola Ponte Medieval" src="/images/eventos/carreiraPopular/pontevella.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Vista xeral participantes ao seu paso pola Ponte Medieval" src="/images/eventos/carreiraPopular/pontevella1.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][/gallery]

 

A 9ª edición da carreira popular de Monforte foi este domingo 23 de abril

Detalles do evento deportivo

O inicio das probas de menores foi ás 11 da mañá, mentres que a carreira absoluta saiu ás 12 horas.

“Este evento fai un percorrido totalmente urbano partindo da explanada da Compañía e discorrendo por varias rúas do casco histórico da cidade.

O Alcalde, José Tomé, lanza unha mensaxe de ánimo a todas aquelas persoas que teñan interese en eventos deportivos coma este: “dende o Concello de Monforte animamos a  toda a xente a participar”.

Para acceder aos resultados: https://championchipnorte.com/resultados/ix-carreira-popular-concello-de-monforte-2017/carreira-absoluta-2001-e-ant/1

 [gallery title="Algúns dos gañadores desta edición" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"]
[gallery_item title="Nicolás Arrojo Fdez, Posto 2 7000 mts  Tempo 22:07 " src="/images/eventos/carreiraPopular/CAMPEON (2).jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Paula Mayobre Glez,  Posto 1  Mulleres, Tempo 00:25:03" src="/images/eventos/carreiraPopular/CAMPEON (3).jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Nuno Costa, gañador 7000 mts tempo 21:49" src="/images/eventos/carreiraPopular/CAMPEON (1).jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery]

As carreiras que non se coidan non duran mentres que as boas fánse ano tras ano superándose en organización, como está a acontecer coa carreira de Monforte  e tamén,  por mencionar outras do inmediato perímetro,  Chantada que se celebra este domingo 30/04 ou  Pantón que xa vai na XVII edición e que  se celebrará este ano o 27 mayo

Este ano coincidiu  a IX edición coa  celebración mundial do Día do Libro polo que moitas das librarias da cidade do Cabe permaneceron abertas ao longo da xornada e no mercadillo numerosos postos de libros estiveron a disposición dos cidadáns.

[gallery title="DIA DO LIBRO" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"]
[gallery_item title="" src="/images/eventos/carreiraPopular/LIBROS (1).jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="" src="/images/eventos/carreiraPopular/LIBROS (2).jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="" src="/images/eventos/carreiraPopular/LIBROS (3).jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery] [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="1"] [gallery_item title=" " src="/images/eventos/carreiraPopular/LIBROS (4).jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery]

 

ACCESO GALERÍA EVENTO

 

Outono en Galiza

libros
A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA