Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas
A+ A A-

Verán

Verán

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3384

Festas dos Avós e da Xuventude

DÍA DOS AVÓS

26 de xullo

En case que tódolos concellos de Galicia celébrase algunha festa adicada as persoas de máis idade.

Estas festas dos avós fan que ao menos unha vez ao ano se xunten vellos coñecidos e amigos.

Disfrutar do reencontro, dun bó xantar, acompañados de música e dos netiños é unha boa maneira de compartir momentos de ledicia.

Enlace a reportaxe anterior 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3284

Música na Rúa - Fin de curso Conservatorios e Escolas de Música

Introducción

Existen moitas opcións para estudiar música no noso país. Asociacións musicáis e escolas de música na ensinanza non oficial e os conservatorios e centros autorizados na ensinanza oficial.

En canto aos conservatorios a ensinanza atópase dividida en tres graos.

-Elemental, catro cursos.

-Profesional, seis cursos.

-Superior 4 ou  5 cursos dependendo da especialidade. 

Coa superación de cada un destes graos obténse unha titulación oficial que no grao superior é equivalente a unha licenciatura. Os dez primeiros cursos que abarcan o grado Elemental e o Profesional están centrados na preparación instrumental do alumno, primeiramente dun xeito individual pero tamén colectivo con asinaturas de conxunto instrumental, vocal, orquestra e outras. A partires do grao Superior o alumno pode especializarse en materias como a composición, dirección, pedagoxía ou seguir có instrumento.

Dependendo do lugar de residencia a oferta de especialidades varía en canto ao grado superior ou profesional.

En canto ás especialidades os conservatorios abordan tímidamente o campo de eí o surximento de escolas particulares de música moderna.

Música na Rúa

A promoción das ensinanzas musicáis na rúa está en auxe en todo o país e cada ano son máis as escolas e conservatorios que a inclúen entre as súas actividades normalmente coincidindo coa chegada do bon tempo a finais do curso escolar.

Na cidade do Cabe, Monforte de Lemos xa levan seis anos repetindo está experiencia. Tanto para as persoas que nas terrazas ou no paseo diario se atopan con esta actuación  como para os que temos fillos, amigos ou achegados  entre os participantes  é un privilexio poder presenciar este espectáculo musical  na rúa  peatonal Cardenal Rodrigo de Castro .

Fin do Curso

Tradicionalmente o   festival de fin de curso e a festa de nadal  celébranse no  auditorio do conservatorio.

 

Galería de Imaxes do Evento por Peruchela

 

Algúns Videos 2018

Lista de Reproducción de Youtube


Enlace a VIDEOS 2018

 Enlaces a ediciones anteriores:

Enlace a VIDEO (24 minutos) curso 2016-2017
Enlace a VIDEO Fin de curso 2016-2017
Enlace VIDEOS Fin de curso 2015-2016
Enlace a curso 2014-2015 
Enlace a curso 2013-2014  
Concierto de nadal 2012 2013 
Enlace a curso 2012-2013
Enlace a curso 2011-2012
Enlace a curso 2010-2011

WebGrafía : Juan Ramos 

Enlace a artículo de la voz de Galicia

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3328

O San Xoán, solsticio de verán

Acerca do San Xoán

tradicions de san Xoán

As festas cíclicas son celebradas en toda Europa dende a Prehistoria, en canto o home tomou conciencia do significado agrario das estacións.
Nun esforzo cristianizador pasouse a festa do solsticio de verán á noite do día de San Xoán.
As xuntanzas que por este motivo se fan en cidades e aldeas galegas son centos.
Sardiñadas, pancetadas, preceden ás queimadas preparadas mentres se recitan o unísono os conxuros.
A noite máis curta do ano é noite de meigas.
O lume a arma pra loitar contra os males.
Saltar a fogueira un número impar de veces é unha tradición esta noite.
E o mencer a auga cobra tanta importancia como o lume, xa que lavarse coa auga de rosas deixada ao orballo esta noite é o remedio das enfirmidades da pel e manter a beleza
Na Coruña O SAN XOÁN é festa de interese Turístico, en SARRIA e Noite de Meigas e nas praias de SANXENXO ou LOURO e outras, a TRADICIÓN do baño das nove cordas que toman as mulleres que non poden ter descendencia.

 

 

Conxuro da Queimada

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Demos, trasgos e diaños, espíritos das nevoadas veigas.

Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras.

Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.

Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.

Oubeo do can, pregón da morte, fociño do sátiro e pé do coello.

Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, ruxido da mar embravecida.

Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida.

Con este cullerón levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas.

¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente, quedando así purificadas.

E cando esta queimada baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é  verdade que tendes máis poder que a humana xente, aquí e agora, facede que os espíritos dos amigos que están fora, participen con nos desta queimada.

 

 Enlace a versión original   http://aldeasgallegas.com/sanxoan.htm

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3254

Xullo - Asalto ao Castelo de Vimianzo

XXIV Asalto ao Castelo de Vimianzo (Costa da Morte)

Unha das moitas fortalezas destrozadas na Gran Guerra Irmandiña foi esta de Vimianzo.

Corría o ano 1467 cando o pobo se ergueu en armas  contra o seu Sr. D. Bernal Yáñez, da familia dos Moscoso, condes de Altamira e señores absolutos de terras de Soneria , asaltando o Castelo cansos dos abusos que tiñan establecidos. Seguindo o exemplo dos seus veciños da comarca ferrolana de Andrade que se levantaran no 1431, aínda que daquela Roi Xordo non o conseguiu, trinta e pico anos despois  oitentamil homes aunaron esforzos para detrozar o símbolo do poder feudal, os castelos .

Preto de 150 fortalezas foron derribadas, pero Pedro Madruga "Pedro de Sotomaior", introductor das armas de fogo , logrou conter a revolta e doblegar ós irmandiños que foron obrigrados a reconstruir os seus castelos. 

Finalmente os Reies Católicos , na "doma e castración de Galicia"  ordenaron o derribo  de tódalas torres que voltaran facer  levantar os nobres  e leváronos hacia a corte alexándoos esí de Galicia.

Más información véxase Mariscal Pardo de Cela

Dende o ano 1995 a asociación Axvalso homenaxea este episodio medieval que se saldou coa destrución case total da vella fortaleza dos Moscosos.

Fundíndose o pasado có presente o visitante non debe de se sorprender se ve cousas antigas con modernas misturadas que lle dan ao acontencemento un toque cómico.

Converterse esta noite nun irmandiño máis, participando do asalto ao castelo é o obxetivo a acadar para os visitantes a este evento. 

No medio de  música Folk e ao ser instados polas mulleres á rebelión os heroes diríxense ata a Fortaleza cuns fachóns de palla, nun cruce cercán esperan a que o xefe ordene levantalo arriete e correr deica o castelo ao grito de "Abaixo as Fortalezas". 

A  posta en escea é espectacular, ducias de actores e voluntarios interpretan aos personaxes da época , soldados, bruxas, curas e campesiños . Os fogos de artificio poñen fin a un enfrontamento incerto  e inesperado.

Ao mencer do día seguinte  podemos quedarnos a coñecer algo máis desta terra de Vimianzo, como dómenes, necrópolis, igrexas románicas ou pazos de renome.

En canto ao valor etnográfico tamén se poden ver os Batáns do Mosquetín onde antigamente se trataba o liño,  que tanto formou parte da vida cotidiá,  non fai un tempo tan lonxano e do que  aínda alguén garda  recordo.

Fonte: "Galicia, la historia es una Fiesta"

 

Enlace á páxina oficial do evento no Facebook 

 

Datos Galicia IGE
comprar libros
Descarga Libro Gratis

Baamorto

Monforte de Lemos ten entre as parroquias que o conforman o territorio que ocupa  Santa María de Baamorto, coas seguintes entidades de poboación: Casares, Cinsa, Devesas, Pallares, Pol, Reboredo, outras fontes engaden algún lugar máis:   Agriño, Chavarega, Lama,  Pereiras,  Portobrea, Ribela Neste...

Comprar Artesanía
RUTAS RIBEIRA SACRA
comprar libros
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA

Aldeas Galegas e as suas tradicións
Cultura Gallega - Tradiciones