Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas
A+ A A-

Verán

Verán

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3976

17 de Agosto día dos mártires Galegos

 DÍA DOS MÁRTIRES GALEGOS

17 de Agosto

 

 

alexandreboveda

Así narraba o inolvidable Xosé Neira Vilas, alá polo ano 2010, como xurdiu  esta data para homenaxear a todos aqueles que morren por causas inxustificables.

"Sobre o líder galeguista Alexandre Bóveda, amigo e compañeiro de loita de Castelao, lévase escrito moito. Xerardo Álvarez Gallego falábame en Buenos Aires, en 1956, do proxecto de escribir unha biografía de seu cuñado; quería dar testemuño daquel mártir cercano, pois fora testemuña día a día da súa vida e do seu tráxico final. Anos despois deu a coñecer Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda. Publicáronse tamén moitos poemas na súa memoria. Na diáspora arxentina instituímos o 17 de agosto -data do fusilamento de Bóveda na Caeira- como Día dos Mártires Galegos, con actos que organizaba unha comisión integrada por case unha decena de asociacións de emigrantes. Pasaron 74 anos daquel asasinato e a figura de Bóveda agrándase no tempo. Con el "enterraron semente" que segue abrollando nas conciencias dos bos e xenerosos.

O máis dramático desta biografía é o arbitrario proceso que desembocará na morte brutal. Vemos a súa valentía, a súa determinación e a súa tenrura familiar. Cando confesa que a súa morte vai ser o seu derradeiro acto de servizo a Galicia, fainos recordar a frase de Julio Antonio Mella, o líder popular cubano, mandado asasinar en México uns anos antes polo tirano Machado: "Aún después de muertos somos útiles".

Referencia artigo completo

Outra víctima das miles delas asasinadas

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1581

17 de Agosto - Artesanía na Ponte de Louzara - SAMOS

FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUTOS NATURAIS

PONTE DE LOUZARA,  SAMOS

A feira de artesanía e produtos naturais da Ponte de Loúzara nace no 2008 como recuperación da antiga feira que se celebrou neste lugar en tempos pasados.
Pola súa boa acollida, celebra este 2018 a súa onceava edición atraendo  a numerosos visitantes que co pretexto da feira poden testemuñar o encanto da contorna.
Mostras con cesteiros tradicionais, xabóns artesanais con aromas e plantas medicinais, tallas de madeiras, reloxos con pedras, con fósiles da Veneira ou de raíces de árbores, bastóns e tallas auténticas para decorar, xugos, carros, arados, botelleiros, hórreos e mesmo os típicos mazaricos para o leite.
Artesáns do coiro, mel de Louzara, pan galego, empanadas, roscas, polbo e churrasco.
Teatro, charanga, gaiteiros e tamén cabalos para dar paseos polo lugar.
Esta é a gran oferta lúdica que podemos atopar neste lugar das montañas de Samos lindando xa có Courel.
 

 
  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3735

Feira do Polbo Galego, Carballiño

58ª Edición - Agosto 2020

 

57ª Edición - Agosto 2019

Festa do polbo do Carballiño

No Mosteiro de Oseira,  teñen depositados os legados históricos que atestiguan que esta zona é da tradición pulpeira xa que a aldea de Arcos, tamén parroquia do Carballiño, posuía terras con  mar e costa onde dende fai séculos os  seus habitantes se adicaban  á pesca do polbo galego.

56ª Edición 12 Agosto 2018

 

Información sobre edicións anteriores 2010 a 2015

 

TENDA DE RETRATOS -GALERIA 2016     VIDEOS 2016 ENLACE

Enlace a Facebook Evento

 logo festa do pulpo do carballino3

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3514

Romaría viquinga de Catoira

FESTA DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL

Primeiro domingo de agosto

Dende 1961 celébrase a  "Romaría Viquinga", festa declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2002.

No século XI na mariña lucense avistouse unha frota de naves normandas achegándose ás costas.

Seica o Bispo San Gonzalo, púxose a rezar e o fervor da súa Fe levantou unha gran tormenta que fixo naufragar a toda a frota.

A través dos cauces dos ríos os invasores adentrábanse no territorio galaico. Así fixeron para chegar á localidade pontevedresa de Catoira.

Aquí neste enclave  xúntanse as augas do Ulla coa ría de Arousa. É a entrada máis natural para ir a Compostela.

Cada primeiro domingo de agosto celébrase a Romaría Vikinga en Catoira.

A recreación do desembarco é o acontecemento central da festa.

A golpe de remos o drakrar vikingo rodea a illa do rapto e alcanza a península de Catoira.

Os invasores saltan á terra e loitan cos habitantes que só teñen aperos de labranza a modo de armas polo que algunhas doncelas son secuestradas.

O Sangue desta batalla convértese en viño tinto do Ulla que corre abundante na romaría.

O día grande é o domingo pero días antes xa se pode disfrutar das xornadas Catoira na Historia.

Outro xeito de dicilo

"Romaría Viquinga de Catoira - Nesta data, Catoira escenifica nun singular espectáculo as invasións viquingas que sufriron hai máis de mil anos. Tras un asalto cheo de euforia e viño, ten lugar a tradicional comida campestre, nun ambiente festivo, dominado polo mercado medieval e a posterior verbena da Alameda"

Enlace de Interese

https://es-es.facebook.com/RomeriaVikingaCatoira/

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 4758

29 de xullo, Santa Marta de Ribarteme. Procesión dos Cadaleitos - As Neves

PROCESIÓN DOS CADALEITOS

Romería de Santa Marta

Falar de Santa Marta de Ribarteme é falar dunha das romarías máis antigas de Galicia: Santa Marta de Ribarteme, en donde cada 29 de xullo se celebra a procesión dos cadaleitos, mestura de ritualidade simbólica e relixión, cada vez máis visitada e coñecida. O santuario, así como o seu arredor, transpira espiritualidade e devoción típica da Galicia profunda.

A procesión  é presidida tódolos anos pola imaxe de Santa Marta. A igrexa relaciona a fama milagreira de Santa Marta coa súa estreita relación con Xesucristo. Santa Marta era a irmá de Lázaro e trala morte de Xesús viuse obrigada a abandonar Palestina.

Ás 12 do mediodía, a parroquia pontevedresa de Santa Marta de Ribarteme arde en fervor dos fieis que se apostan ante as portas dunha igrexa parroquial abarrotada pola multitude. No seu interior a xente dispútase un espazo ante o altar onde se atopa unha das virxes máis venerada da comunidade galega. Centos de devotos que como tódolos anos intentan ofrecer á Virxe un sacrificio, unha ofrenda ben distinta para cada un dos congregados.

Esta romaría cobra un carácter especial pois nela poderase ver algún que outro penitente introducido nun ataúde solicitando a intervención milagreira da santa, co fin de sanar dunha grave enfermidade ou como mostra de agradecemento por algún dos favores nos que esta teña mediado. Durante a procesión, a imaxe de Santa Marta é acompañada por San Benito e a Virxe do Carme.

Fonte: Web do Concello

Ligazóns de Interese

Santa Marta de Ribarteme. Procesión de los ataúdes. As Neves (Pontevedra)

La procesión de Santa Marta de Ribarteme

Enlace á páxina Oficial

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1829

14 de xullo Feira Tradicional Outrora

Feira Tradicional Outrora

 Sobre este Evento

A parroquia de Santiago de Rubián, no concello de Bóveda,  celebra os días 14 e 29 de cada mes a súa feira dende hai varias décadas.

Polo mes de xullo á feira tradicional engádeselle  este evento que xunta a diversos artesáns galegos nunha demostración de oficios,  con postos de venda de artesanía, actuacións da banda de Gaitas e Danzas do concello, actuacións na capela do Ecce Homo, xogos e talleres para os máis cativos, representación etnográfica da malla dos anos setenta, isco no guizo e baile para rematar a xornada.

Conmemórase cada 14 de xullo esta Feira Tradicional Outrora de Rubián, evento pensado para que xente de tódalas idades poida vir gozar nalgún momento da festa, dada a súa ampla oferta lúdica que se desenvolve nas catorce horas que vén durando.

Recreación histórica que forma parte da nosa cultura e identidade. Oficios e tradicións.

 

 

En agosto, a feira do día 14 coñécese como a Feira do Ano. A diferenza da de xullo,  non conta con ningún evento a maiores dos habituais de calquera catorce de mes, postos ambulantes de ferramentas, pans, hortalizas, roupa e á hora do xantar, o tan apreciado polbo nas instalacións tan ideais coas que conta esta localidade. É considerada a Feira do Ano porque recibe centos de visitantes que escollen este mes para pasar as súas vacacións nesta zona da Ribeira Sacra do sur lucense e achéganse ata aquí sobre todo a comer ese delicioso prato ou un churrasco de alta calidade xa que esta zona de Galicia destaca polas súas carnes. Nas salpicadas aldeas da súa xeografía hai numerosas explotacións de gando vacún de carne criado dun xeito tradicional.

Vir un catorce a Rubián, sexa cal for o mes do ano, garante un bo xantar con produtos de primeira calidade.

 

Enlaces a reportaxes de edicións anteriores:

XVI Feira Tradicional Outrora 2018

14 de xullo Feira Tradicional Outrora 2017

Enlace a lista de reprodución de vídeos

Galería Fotográfica Outrora Rubián 2017

14 de xullo, 2016 - Feira Tradicional Outrora - Rubián - Bóveda

Outrora 2015   Outrora 2014   Outrora 2013 Outrora 2012   Outrora 2011  Outrora 2008  Malla Tradicional

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3222

Feira do Viño de Valdeorras

Feira do Viño de Valdeorras

    O Barco de Valdeorras     Páxina Oficial : D.O. Valdeorras    - Información de Festas

Sobre o viño destas terras

A tradición vitícola de Valdeorras remóntase á época romana. Na actualidade abarca as superficies vitícolas dos municipios da Rúa, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín.

As zonas de produción ocupan gran parte das concas dos ríos Sil, Xares e Bibei.

As variedades de castes autorizadas son: Para os brancos, con preferencia, o Godello, e ademais, Doa Branca e Palomino ou Xerez. Para os tintos, preferentemente, o Mencía e Sousón, aínda que tamén Brancellao, Merenzao ou María Ardoña, Negreda, Garnacha Tintorera, Alacante, Tempranillo e Grao Negro.

Brancos

Elaborados a partir das variedades brancas (preferentes: Godello, Loureira, Treixadura, Doa Branca, Albariño, Torrontes e Lado. Autorizada: Palomino)

Elabóranse:

VALDEORRAS GODELLO: cun 100% de Godello.

CASTES NOBRES: cun mínimo de 85% de variedades preferentes.

VALDEORRAS BRANCO: elaborados coas variedades preferentes ou autorizadas brancas.

Tintos

Elaborado con uvas tintas preferentes (Mencía, Tempranillo, Brancellao, Merenzao, Sousón, Caíño Tinto, Espadeiro e Ferrón), ou autorizadas (Gran Negro, Garnacha Tintureira e Mouratón).

Elabóranse:

VALDEORRAS MENCÍA: cun 85% de Mencía.

VALDEORRAS CASTES NOBRES: cun mínimo de 85% de variedades tintas preferentes.

VALDEORRAS TINTO: coas variedades preferentes ou autorizadas tintas.

Escumoso

Un viño espumoso obtido segundo o método tradicional, elaborado cun mínimo do 85% de uva da variedade godello.

Tostado

Viño naturalmente doce elaborado a partir das variedades tintas ou de Godello.

Produción Controlada

Os distintos viños tintos acabados de mencionar, e o Valdeorras Godello que se elaboren con uva procedente de parcelas con limitación de produción.

Crianza

Todos os tipos de viños brancos e tintos de Valdeorras sometidos ao envellecemento en barricas de carballo poderán ser, segundo a lexislación vixente, Barrica, Crianza e Gran Reserva.

 

FUENTE WEB OFICIAL DO CONSELLO REGULADOR D.O. VALDEORRAS

 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3741

RAPA das BESTAS Sabucedo, A Estrada e Viveiro FEIRA do CABALO

 Rapa das Bestas en Sabucedo 

rapa

 

http://www.rapadasbestas.gal/

En 1567 dúas irmás de Sabucedo, un pobo de Pontevedra, foron pedirlle a San Lorenzo que lles librase da peste negra, a cambio estas regalaríanlle dous cabalos.

Contan que este foi o inicio da tradición coñecida co nome “ rapa das  bestas”, que se vén celebrando neste pobo desde hai máis de 4 séculos.

A rapa consiste na procura grupos de cabalos salvaxes. Homes a pé corren  axudados por outros homes a cabalo,  rodeando os grupos e facendo baixar ata o pobo que está a un 15 km de distancia. Unha vez no pobo, encérranos no curro, unha praza circular feita de paredes de pedra. Nenos de entre 12 e 15 anos inícianse nesta tradición separando aos poldros dos cabalos.

Despois chega a quenda dos homes, teñen que conseguir someter aos cabalos, raparlles as crines, as colas e marcalos.

Son necesarios 3 homes para someter a un cabalo, un móntao para cansalo, outro o colle polo pescozo, o terceiro cólleo pola cola, rápao e márcao.

Sen dúbida a doma dos animais é unha arte ancestral transmitida de xeración a xeración que perdura nos nosos días.

Nin se lles quere facer dano, nin se realiza esta práctica por divertimento.

 

Datos Galicia IGE
comprar libros
Descarga Libro Gratis

Baamorto

Monforte de Lemos ten entre as parroquias que o conforman o territorio que ocupa  Santa María de Baamorto, coas seguintes entidades de poboación: Casares, Cinsa, Devesas, Pallares, Pol, Reboredo, outras fontes engaden algún lugar máis:   Agriño, Chavarega, Lama,  Pereiras,  Portobrea, Ribela Neste...

Comprar Artesanía
RUTAS RIBEIRA SACRA
comprar libros
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA

Aldeas Galegas e as suas tradicións
Cultura Gallega - Tradiciones