Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas
A+ A A-

Verán

Verán

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1752

Folión de Carros en Chantada

Folión de Carros

Chantada 4º Fin de semana de Agosto

Celébrase anualmente o cuarto fin de semana do mes de agosto grazas á asociación Amigos do Folión que se fundou no ano 1989 co obxectivo de manter no tempo esta antiga tradición, a cal, segundo algúns data da Idade Media e segundo outros incluso da era castrexa.

No ano 2002 foi declarada Festa de Interese Turística de Galicia e está a espera de converterse en ben de interese cultural BIC.

As rúas de Chantada  neste día que coincide coas festas patronais, retorna a un pasado tradicional e exalta oficios arraigados en décadas anteriores.

 
Non é doado ver carros tirados por vacas ou bois pero neste día e neste lugar pervive a tradición.

 

Enlaces de Interese:

Web oficial do Evento

Facebook

https://www.facebook.com/Folión-de-carros-de-Chantada-172189359458490/

Partes dos Carros

 Videos en Youtube  2017           2016  

 

Ler máis: Folión...

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1921

Romaría Labrega en Vilares

Romaría Labrega

Segundo fin de semana de agosto

Collage imaxes facebook oficial do evento

Ruta Cabalar - Feira de Artesanía - Carreira Popular - Carreiras de Cabalos - Música Folk -  Marcha en Bicicleta -  Sega do cereal con Fouciñas - Malla do Trigo  - Festa da Escuma e Carreira con Cortacéspede - Bon xantar e música tradicional ao longo dos dous días nos que se desenvolven as actividades.

Ligazóns de interese: Facebook do Evento

Vilares (Os) (San Vicenzo) 

Os Vilares é unha parroquia que está a 7 km de Guitiriz e que conta con 44 entidades poboacionais. 

O seu patrimonio histórico cultural é amplo. A orixe da súa igrexa parroquial data do século XII  e conta nas inmediacións  cun conxunto de cruceiros que amosan a paixón e morte de Xesús. 

Tamén conserva restos da cultura castrexa como o Castro das Reixas.

Outro dos tesouros de esta parroquia é a PENA ROLDAN situada no lugar da Pena Fachada. "É unha enorme rocha situada nun fermoso contorno natural. A lenda conta que Roldán (lexendario guerreiro compoñente dos doce pares de Francia, o servizo de Carlomagno) cando estaba nos seus últimos anos de vida veu a estas terras para defendelas dos seus inimigos mouros. Cando trataba de escorrentar os seus rivais aproximouse a este lugar e chamoulle a atención a enorme rocha que alzaba nel. O sentir que se achegaba o seu final decidiu deixar unha marca, por elo tomou a súa espada e partiu en tres a rocha, despois volveuna a coller e abriu un dos trozos deixando un especie de cruz latina alargada que gardaría o recordo da súa espada."

Fonte:  Web do concello  Colabora: www.andu.es 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 2145

Festa Normanda en FOZ

FESTA NORMANDA EN FOZ

ALGO DE HISTORIA

Na época das invasións viquingas ó Reino de Galicia, una gran frota normanda intentou penetrar nas terras de Foz.  

No século IX o Bispo de San Martiño de Mondoñedo, nomeado Gonzalo, colleu  fama de Santo perdurando no tempo a súa lenda.

No alto da Grela,  Bispo  e plebe intentaron aceptar o fatal destino que lles ía tocar e comezaron a rezar. De súpeto, o ceo comezouse a nubrar, soprando o vento e levantándose unha tempestade no mar. O bon Gonzalo mantíñase rezando mentras os abraiados ferigreses vían como o temporal  ía a máis, de xeito que a frota viquinga comezaba a amosar dificultades para entrar na ría.

As violentas olas e o vento comezaron a fundir naves viquingas, que non podían chegar a terra nin escaparse mar adentro. O Bispo Gonzalo seguía rezando mentres raios e xigantescas ondas facían naufragar barco tras barco, ata que só quedou un que segundo o Bispo, Deus quixo que levase aviso da dificultade de asaltar as terras cristiás.

Dende aquel día, celébrase na capela do Obispo Santo do Alto da Grela unha muy popular romaría e dende 2011 ten lugar a festa normanda en Foz en recordo do milagro de Gonzalo.

 

 

  

 

Fonte: http://www.festanormanda.com/historia/


 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1700

Festa da Música e das Artes de PARDIÑAS

Pardiñas Feira e Festa da Música e das Artes

Primeiro fin de semana de agosto Lagostelle (San Xoán)

"A parroquia de San Xoán de Lagostelle comprende o núcleo municipal: Guitiriz e as aldeas de Acevedo, Amariz, Ansede, Arxá, Barreiro, Belote, Cabanacomba, Cezar , Escádebas, Xomelio, A Landoreira, Os Liñares, Pardiñas, O Pazo, O Penedo, O Sanguiñedo, Senande, Sesulfe, A Torre.

A esta parroquia pertence a “Área Recreativa San Xoán de Lagostelle” e a " Área Recreativa dos 7 muíños" que son unhas paraxes naturais que nos permiten entrar de cheo en contacto coa natureza e coñecer de primeira man a flora e a fauna local. De singular atractivo é o que ocorre na “Area Recreativa San Xoán de Lagostelle” ( coñecida popularmente como o pantano por estar situado o seu lado) á tardiña, cando as ras comezan a croar, crean un son moi fermoso que simula un pequeno concerto musical. Outro dos espazos naturais a destacar desta parroquia é o paseo fluvial que vai desde a Ponteveiga ata os Sete Muíños. Este paseo forma parte dun tramo da Ruta da Auga. Neste percorrido camiñamos á beira do río disfrutando dos rebulires de auga, das cascadas, das árbores e as formas que estas adoptan. É un paseo moi agradable, ideal para facer en calquera época do ano, e así ver como vai cambiando a paisaxe nas diferentes estacións .

Nesta parroquia, no núcleo municipal , destacaríamos o Reloxo Analemático de Sol , situado no campo da feira. Chámase así porque o gnomon se despraza ao longo do ano según a declinación solar. Así, é o propio observador quen situado sobre a data sinala a hora coa súa propia sombra."

Fonte: Web do Concello.

Colabora : http://andu.es

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 2280

Feira dos Callos, Cantería e Artesanía en PARGA

Feira dos Callos, Cantería e Artesanía en PARGA

Parga (Sto Estevo)  2019  XXV Edición

Terceiro domingo de xullo

 "A parroquia de San Estevo de Parga esta situada a 6 km de Guitiriz , e conta con  13 entidades poboacionais: O Carballal, Cercedo, O Buxío, A Chantada,O Covelo, Ferreira, A Vilonchada, Galiñeiro, Montemeá, A Ponte, A Pobra de Parga, Portopulgo, A Tolda.

Nesta parroquia está situada a Fonte de Valdovin, que é unha das tres fontes minero medicinais que hai no concello. Outra das paraxes naturais que posúen un encanto especial é a Area Recreativa da Carballeira situada a beira do río Parga. Ademais destas áreas recreativas destaca tamén o CIT ( centro de iniciativas turisticas) onde se pode xogar o fútbol, ó baloncesto ou simplemente descansar disfrutando da fermosura deste lugar.

Parga posúe un riquísimo patrimonio histórico- cultural, de feito podemos atoparnos con restos de monumentos pertencentes a cultura epipaleolitica como é “O xacemento de Pena Xiboi”, declarado ben de interese cultural.

Outro dos lugares máis emblemáticos de Parga é o contorno da Igrexa Parroquial de Parga, onde podemos ver restos de sarcófagos antropoides, así como os restos do Castelo de Parga , é o cruceiro que hai nos seus arredores. No interior desta igrexa tamén podemos observar unhas pinturas murales.

O lado do centro de saúde atopase a “Capela de San Xosé” , da que destaca no seu interior un retablo de estilo barroco e talla da Virxe sedente có Neno.

En Parga abundan as festas e feiras , así as feiras celébranse os domingos entre os días 9 e 15 e o último domingo de mes. Unha das máis coñecidas é a “Feira da Canteria , artesanía e callos” , onde podemos ver como os canteiros traballan na pedra, así como disfrutar dun dos pratos típicos da zona como son os callos, neste día abundan as merendas familiares na carballeira. As festas parroquiais son na Honra a San Roque, o terceiro fin de semana de Agosto."

Fonte Web do Concello

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1981

Tremiñá - Veigamuíños - O Barco de Valdeorras

Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuiños

Organizado pola Asociación de Mulleres Ruráis de Veigamuiños - O Barco de Valdeorras

No mes de xullo vénse celebrando dende fai máis de quince anos.

Enlace á páxina oficial do evento de Facebook

Enlace a vídeo malla 2017

Neste Mercado Medieval, actividades como a representación etnográfica da  malla a man, artesanía local, música tradicional, concurso literario en lingua galega, oficios, fiada, cestería, palilleiras e bolos. 

Se queres disfrutar dunha xornada rememorando vellos tempos ou dandollelos a coñecer aos teus fillos ou netos  este lugar é unha boa opción  para ir a coñecer e moito máis neste día  de festa.

 

Este evento non se realizará no 2018 no seu lugar o último domingo de agosto o concello fará noutra zona da vila un novo evento

Citar a Google como fonte de imaxes

 

 

 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3025

Festa do Viño Albariño en Cambados

ALBARIÑO DE CAMBADOS, PONTEVEDRA

Celébrase durante a semana do primeiro domingo de agosto.

É a festa do viño branco máis multitudinaria da comunidade. Enche durante cinco días as rúas de Cambados de casetas onde degustar o Albariño e a gastronomía das Rías Baixas, amenizado todo con espectáculos pirotécnicos e musicais que garanten a diversión.

Esta festa do viño é a máis antiga de Galicia e a segunda de España, considerada ademais Festa de Interese Turístico Nacional.

Naceu no ano 1953 coa colleita do 1952. 

Ligazóns de interese 

Páxina do Evento 

Saber máis do Evento

Wikipedia

 

 

 

 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 2706

Festa das Fachas de Castelo - Taboada

AS FACHAS DE CASTELO 

Fai miles de anos que se celebra este ritual de autoafirmación que reune aos tres símbolos máis importantes do druidismo celta, o lume  a planicie e o circulo.

A piques de perdeserse esta costume, na década dos noventa grazas a laboura duns poucos fundouse a asociación As Fachas co obxetivo de garantir a súa perseveranza tempo.

No castro de Castelo, na noite do 7 ao 8 de setembro  colócanse no perímetro do asentamento marcando a súa estructura circular e separados por espacios minuiciosamente medidos,   fachas de  ata sete metros de altura,  ás que se lle poñerá lume cando a escuridade sexa completa.

No medio do silencio asoma un son bárbaro producido polo crepitrar das lapas das ducias de fachas. Veciños e curiosos visitantes son testigos deste impresionante espectáculo igneo  que permite desfrutar da cumunión cós seus mais remotos ancestros.

O lume  préndeselle ás fachas  de arriba para baixo e a mellor feita será a última en extinguirse, pola que levarán premio os seus elaboradores.

 Enlace a PDF de interese (pronto)

 

 

Datos Galicia IGE
comprar libros
Descarga Libro Gratis

Baamorto

Monforte de Lemos ten entre as parroquias que o conforman o territorio que ocupa  Santa María de Baamorto, coas seguintes entidades de poboación: Casares, Cinsa, Devesas, Pallares, Pol, Reboredo, outras fontes engaden algún lugar máis:   Agriño, Chavarega, Lama,  Pereiras,  Portobrea, Ribela Neste...

Comprar Artesanía
RUTAS RIBEIRA SACRA
comprar libros
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA

Aldeas Galegas e as suas tradicións
Cultura Gallega - Tradiciones