Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas
A+ A A-

Verán

Verán

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1204

Folión Castrexo de Celanova

Celanova, segundo fin de semana de agosto

Introdución 

No ano 1970 descubriuse nun xacemento castrexo de Castromao unha placa de bronce onde figuraba un pacto establecido de convivencia pacífica entre ese asentamento e os romanos que data do ano 132 dc. O folión castexo de Celanova busca conmemorar este episodio da historia antiga.

Nesta festividade, centos de persoas vístense coas roupas dalgún clan castrexo ou ben das lexións romanas e recrean a convivencia harmónica que tivo lugar alí. Para facelo, representan o encontro entre ambos bandos, a súa conciliación e finalmente rematan con danzas da época.

Ligazóns relacionados

http://folioncastrexo.com/

http://www.terradecelanova.com/html/folion_dos_castros.htm

http://www.xoanarcodavella.com/2017/07/poblado-castrexo-de-castromao.html

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 2918

Festival Irmandiño de Moeche

 FESTIVAL IRMANDIÑO EN MOECHE

No ano 1431, Roi Xordo apoiado por uns 10.000 homes tomou o Castelo de Moeche, centro dun triángulo formado polos castelos de Vilalba, Andrande e Narahío...

" O festival Irmandiño é un proxecto que naceu en 1980 como resposta á necesidade de proxectarnos como pobo con historia propia, como herdeiros duns  galegos e galegas que, aló polo século XV, se rebelaron contra o poder establecido, contra unha situación social de opresión, abuso e miseria.

Os primeiros organizadores tiñan  como motivo máis tanxíbel e máis próximo,  conseguir que o castelo de Moeche non se deteriorase máis e se mantivese como símbolo do concello e da  nosa historia...."  Ler artigo completo

Ligazóns de Interese:

Facebook do Evento  - Visitar Moeche - Concello de Moeche - Castelo de Moeche

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1201

Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia

En agosto na Limia.

Historia do Evento

Segundo a tradición, cando os romanos chegaron a Limia quedaron abraiados pola fermosura da paisaxe e o seu río, o cal confundiron co río Lethes, o río do esquecemento. Contaba a lenda que quen o cruzase esquecería todo o relativo á súa vida pasada e ao seu lugar de orixe. Foi así como durante moito tempo, o exército desistiu da idea de conquistar os territorios máis alá da vía fluvial por medo á amnesia.

Foi Décimo Junio Bruto o único que non se deixou levar pola superstición. Arrebatoulle o estandarte a un dos seus homes e cruzou o río. Cando chegou ao outro lado foi chamando aos soldados polos seus nomes para demostrar que aínda mantiña os seus recordos.

Este episodio da historia recréase  na celebración da Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia o penúltimo fin de semana de agosto.

Na festividade pódense ver campamentos militares da época, un mercado de produtos galaico-romanos e desfiles entre outras cousas. O máis representativo da festividade é a escenificación do paso dos romanos polo Limia e a posterior batalla.

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3744

Festa do BOI en Allariz

Sobre o evento

Na vila de Allariz, a tradición popular fala da celebración da procesión do Corpus dende o ano 1316 d.C., ano da súa institución por Xoán XXII, o que tería dado lugar as burlas da comunidade xudía provocando ao ano seguinte a salida de Xán de Arzúa que montado nun touro enmaromado dispersou aos xudíos arroxándolles fariña misturada con formigas rabiosas ( esta lenda está na orixe da Festa do Boi que perviviu en Allariz ata a actualidade).

Saber máis:

 http://www.festadoboi.gal/

 http://www.festadoboi.gal/orixes/ 

 

WebGrafía: http://www.teatroengalicia.es/corpus.htm

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1496

Festa da Prehistoria en MOS

Festa da Prehistoria

MOS - Pontevedra

2º Fin de semana de Agosto

 

 "Organizada pola Asociación Cultural Festa da Prehistoria.  Esta festa celébrase sempre o segundo fin de semana de agosto no parque forestal da Penacova polo que transcorre o sendeiro histórico de Mos. É a única festa temática prehistórica de toda Galicia e foi pioneira a nivel nacional neste tipo de celebracións xa que a raíz do seu nacemento xurdiron outras en diversas localidades españolas. Os participantes agrúpanse en tribos ao modo das antigas sociedades prehistóricas, constrúense chozas  e organízanse xogos e competicións nos que participan todos os clans ou tribos involucradas nesta celebración."

Ligazóns relacionados:

Páxina oficial do Evento: https://festadaprehistoria.wordpress.com/

Informacion Web do Concello de MOS

Máis Info edicións anteriores

Ligazón Páxina de Facebook

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1519

En xullo, feira do viño do Rosal

FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

D.O. Rías Baixas

Rosal é unha das subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas onde se elabora uns dos viños brancos con máis prestixio e recoñecemento no panorama vitivinícola.

Os viños do Rosal acumulan distincións e galardóns nas máis destacadas catas e testemuñan a súa presenza nas mesas de todo o mundo.

O terceiro fin de semana do mes de xullo celébrase a feira de exaltación deste viño de sabor incomparable e único. Un evento consolidado, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, e amparado pola participación de adegas que forman parte da D.O. Rías Baixas.

Unha celebración que á súa vez se complementa con actividades lúdicas, culturais e deportivas.

Contacto:

Organización da Feira do Viño do Rosal

Concello do Rosal

Praza do Calvario nº 1 36770 O Rosal Pontevedra – ES

Teléfono: +34 986 625 000 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

http://portal.concellodorosal.es/

 

 

Descarga Libro Gratis
comprar libros
Datos Galicia IGE

No Matching Results!

Datos Galicia IGE
Comprar Artesanía
comprar libros
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA