A+ A A-

Inverno

Inverno

Exaltación da Gastronomía Popular

Taboada Presume de Prato Tradicional 

22 E 23 DE FEBREIRO DE 2020  XXIX FESTA 

 

Ligazón Relacionada

OS GRELOS GALEGOS

As Pontes e Trazo  son dúas localidades galegas onde celebran  festas gastronómicas da exaltación do grelo.

Unha tradición poderiamos decir milenaria a do tempo dos grelos en Galicia.

Unha das verduras máis famosas da dieta cantábrica, producida por pequenos agricultores, recollidas con mimo e producidas coa permisión do bó tempo.

Unha colleita deles é  imprescindible para calquer casa do rural. Fan moito arranxo. Coas patacas son o acompañamento idóneo para calquer parte dó porco.

O seu cultivo e comercialización depende dun agricultor  avanzado e  senón eí están os grandes centros comerciais con ou sen marca que os venden sí ou sí. O importante  é que o cauce da legalidade transcurra na transacción.

A eliminacións de intermediarios favorece que chegue aos consumidores a bon prezo. A recoleción puntual mimosa e dedicada que requiren convírtenos nunha das verduras máis apreciadas polos galegos aos que nos garante unha sana alimentación 

E así acontece cun montón de produtos cultivados de maneira tradicional e con toda a naturalidade e respecto co entorno.

Si che regalan grelos, tes que ter en conta todo o proceso que hai detrás e se os tes que mercar, pois tamén.

 1 kg de grelos

 

O ENTROIDO OU ANTROIDO

 
O entroido en Galicia, unha tradición milenaria que se mantén grazas ao traballo de miles de persoas que se implican na súa realización.
As críticas ás políticas levadas a cabo co Planeta e os seus habitantes por parte duns poucos que acarraen máis mal que ben cos seus intigras e ambicións, son nestes días máis frecuentes que en calquera outra época do ano.
É o tempo da sátira. O momento de dicirlles todas as verdades que o pobo coñece.
 
Artigos relacionados nesta Plataforma:  Entroido en Galiza 
 
 
 

Feira do Capón , decembro 2020

10:00 - 15:00 Lugar: Plaza da Constitución

Os amantes da gastronomía teñen cita anual na “ Feira do Capón en Vilalba” , en pleno corazón da Terra Chá (Lugo).
Vilalba e a comarca da Terra Chá son o centro na produción de capóns a nivel mundial.
O especial coidado na súa selección e cría provocaron que se convertese no primeiro prato de moitas familias nas celebracións de nadal.
Nesta feira iníciase, á primeira hora da mañá, a compra e venda dos capóns.
A ela acoden compradores que se desprazan desde os máis diversos puntos da xeografía galega.
O capón xa era moi famoso polo século XIII.
Ata non hai moitos anos,algúns alugueres pagábanse con capóns, mesmo hoxe en día úsanse como agasallo.
Os capóns son cebados durante un longo período de tempo de forma artesanal, isto fai que o produto teña unha excelente calidade , polo que hai exemplares que se venden a un alto prezo.
O xusto renome do capón de Villalba é debido á estimada selección e esixentes coidados ao que o someten os labregos cebadores vilabeses.
En abril seleccionan os pitos amarelos que nacen das galiñas do país e que sete meses máis tarde, en novembro, encerran nunhas gaiolas especiais de pequenas dimensións chamadas capoeiras.
 
 

Mascarada Ibérica

Viana do Bolo e Vilariño de Conso

Con la cara cubierta de hollín, unos enormes cuernos sobre la cabeza y una dentadura tallada de patata, los diablos de Luzón bajan a golpe de cencerro por los caminos que llevan al pueblo. Allí atormentarán a quienes osen cruzarse con ellos. Un Carnaval para Visitar!!!

DANZAS ANCESTRAIS

ALDÁN CANGAS

 A danza ancestral conta con 340 anos ininterrompidos de vida e ten lugar cada 20 de xaneiro en Aldán, coincidindo coa festividade de San Sebastián. Está declarada como  Interese Turístico Galego.

Ligazón a máis información

 Danza Ancestral Aldán

Foto: Web do Concello de Cangas

QUEIXO GALEGO POR EXCELENCIA

Ven a disfrutar do seu Sabor!!!

 

 

Consello Regulador D.O.P. Arzúa-Ulloa:  | 981 507 653

O queixo, foi recoñecido en 1995 como Denominación de Orixe Protexida, para aqueles producidos segundo un determinado método e orixinarios (leite e produción) nos concellos da Área xeográfica da D.O.P. Arzúa-Ulloa: Arzúa, Boimorto,Curtis, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vedra e Vilasantar (na provincia da Coruña); Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Friol, Guntín, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada (na provincia de Lugo) e Agolada, A Estrada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces (na provincia de Pontevedra).

 Enlace WEB DO QUEIXO

 

 

FESTEXOS DO ENTROIDO

 Na localidade de Vilanova de Arousa  celébrase anualmente un evento que constitue o punto e final do antroido nesta localidade .

O enterro do Momo, consiste nun desfile onde participan elaboradas carrozas acompañando á do Momo, á Sardiña grande e a Raiña do Entroido.

A tradición fai que sexa de obrigrado secretismo a identidade do Momo ata o momento do inicio do desfile que terá lugar polas rúas do municipio.

Ao finalizar o acto queimase o Momo e a festa continúa.

 Ligazón a vídeo 

Ligazón ao FACEBOOK do EVENTO

  

Más información

Tfno. Concello: 986 554 082

 

 

 

AS FILLOAS E O ANTROIDO

Na parroquia de Lestedo, no municipio de Boqueixón nace en 1984 este evento dada a costume dos veciños da comarca de facer filloas no domingo de Piñata.

Milleiros de persoas veñen a esta localidade a degustar este produto preparado de moitos xeitos, acompañandoas do bon viño e augardente da comarca.

Este evento combínase con unha parranda de Entroido  onde o público asistente pode deleitarse có tradicional alto dos Xenerais da Ulla, que tamén desfilan xa pola mañán, minutos antes do inicio da degustación.

Máis información

Tfno. Concello: 981 513 061 

     

14 DE FEBREIRO DÍA DOS NAMORADOS    

 

O TRIUNFO DO BEN SOBRE O MAL 

O AMOR é importantísimo. É a forza máis poderosa do universo e a  única capaz de acabar co mal. Para que exista tés que crer nel.

Decidir ser bos, honestos e honrados é acertado, decidir o contrario é ser escoria. Lamentablemente  hai unha gran maioría que nin cree no amor nin lle importa mancar aos demais cos seus feitos. Todo o contrario ao amor é odio, desprezo, envexa, maldade 

Soamente o amor é capaz de transformar o mundo, e soamente coa sua forza se poden solventar os problemas co atinxen.

 

 

 

 SAN VALENTIN  14 DE FEBREIRO DIA DOS NAMORADOS

ARTE ACUARELA CORAZONES ARTESANÍA 1992 DÍA DE CUPIDO  SAN VALENTIN

Introducción ao Nadal

O calendario festivo do nadal está cheo de ofertas culturais. Teatro, exposicións, concursos de beléns e como non, concertos.

Todo apunta a que foi no século IV cando se  proclamou o 25 de nadal como data do nacemento de Xesús.

Cando os cantos litúrxicos dos mosteiros da Idade Media se popularizaron  deron orixe aos villancicos.

Non foi ata o século XIII  cando comezou a tradición do pesebre, e foi con Francisco de Asis.

Ata o século XV non se introduciu a primeira árbore decorada con estrelas e candeas.

Sinterklaas  é un persoaxe  surxido  do lenxendario Nicolás de Bari  cuxa figura da nome ao mito de  Santa klaus. 

A tradición de Sinterklaas foi levada a Nueva Ámsterdam, nome da  actual ciudade de Nueva York e  antiga colonia holandesa onde co paso do tempo foi  adaptándose e mudando ata o que hoxe coñecemos como  Papá Noel. 

Os Reies Magos son todo un mito. Xa se fala deles  no evanxelio de San Mateo, no primero século da nosa Era.

En España instaurouse a primeira Cabalgata de Reies na localidade alicantina de  Alcoy,  no ano 1866  conventendo a noite anterior  á Epifanía nunha imitación do que se facía noutros países en homenaxe a San Nicolás. A partires deiquí extendeuse ao resto  do país e alén dos mares, a outros  paises de cultura hispana.

Concertos de Nadal

Tradicionalmente  dende fai case oitenta anos celébrase en Viena o concerto de Ano Novo. Sen dúbida é o máis destacado de todos os que se celebran nestas datas.

En cada vila, en cada cidade pequenos e grandes concertos enchen de son e fan ambiente navideño. 

O seguinte é un pequeno resumo de momentos do Nadal 2016 - 2017   celebrado o día 21 venres, no Conservatorio Municipal Mestre Ibañez de Monforte de Lemos. A artigos anteriores podes acceder a eles dende aquí  2015 .

 

En Resumo

As datas de Nadal son festas para estar en familia e cando a vida fai que te atopes solo por calquera motivo unha profunda tristura inundache o corazón.

Moita xente empeza a aburrir tamén tanta propaganda de consumismo nestas datas, xa que dalgún xeito contribuen a desvirtualizar o verdadeiro espirito navideño.

O  Natal tamen son datas de lembrarse dos máis necesitados e de ser boas e solidarias persoas.

WebGrafía

http://www.holandalatina.com/sinterklaas.htm

http://www.expansion.com/fueradeserie/cultura/2017/12

Citar a Google como motor de Pesquisas e a Wiki como proveedor de información

 

 

Gran Mercado Medieval - Baiona

No ano 1974 declarouse festa local oficial o  1 de marzo en Baiona pero non é ata 1996 cando se comezou a celebrar a Festa da Arribada festexada dende entón a semana seguinte á do 1 de marzo. Doce disparos feitos dende a fortaleza de Monterrei anuncian o comezo da celebración.

O importante acontecemento que eiqui aconteceu foi o da chegada as costas de Baiona da carabela Pinta comandada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Diego Sarmiento o día 1 de marzo de 1493 chea de ouro, millo e lluca traendo a súa vez a nova da existenza das indias occidentais, converténdose deste xeito no primeiro lugar de Europa no que se tivo coñecemento do novo descubrimento.

O programa que para conmemorar a data e de sobrado amplo. É cotidián a representación cun teatro da chegada de Pinzón a praia da Ribeira. Hai exhibicións de aves de presa no atrio de Santa Liberata, torneo a cabalo pola desputa dunha fermosa doncela na praia da Arribada e ata competición de tiro con arco. 

O Mercado sito no casco antigo da vila fórmase con máis de catrocentos postos, na maioría de alimentos, sendo un dos reclamos turísticos da festa xunto cós  "ñoclos de Pinzón"  recuperados por Rosa Cristaleiro que rememoran a lenda que di que Pinzón logo de ser agasallado con eles a súa chegada,  e abraiado das súas propiedades menciñaes levou para Palos onde se atoparía con Colón varias cestas del tras consideralo eximio para o corpo e excelso para a ialma. Reza a lenda que foran feitos por Xeila unha fermosa doncela que amansaba con eles a ira do correxidor de Baiona por aquel entón Paio Veloso.

Aventuras de mariñeiros, xograres, contacontos, trobadores e cortesáns tocando zanfonas inundan as rúas da cidade.

https://www.facebook.com/Arribada-Baiona-52753993843/

 

Ler máis

Historia

A FEIRA DO COCIDO 

"Corría o ano 1968 cando os rexidores dos 6 municipios que integran a comarca do Deza (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón) se reuniron baixo o lema “Unidos por el mismo afán” para artellar unha estratexia de difusión e comercialización dos produtos vencellados coa gastronomía típica da comarca.

Un daqueles 6 concellos -concretamente o Concello de Lalín- decidiu levar á práctica as ideas xurdidas naquel encontro mediante a creación da Feira do Cocido, un evento que se celebrou por primeira vez en 1969 para exaltar o prato máis tradicional e senlleiro da cociña galega, O COCIDO. Dende aquela, a feira non parou de medrar e medrar ata converterse en todo un referente gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo do Entroido. Lembremos que a Feira do Cocido de Lalín celébrase sempre o domingo anterior ao domingo de Entroido".

Fonte: Web da feira

http://feiradococido.lalin.gal/

https://gl-es.facebook.com/feiradococidodelalin

 

OS FACHÓS EN CASTRO CALDELAS

OURENSE

Cada 19 de xaneiro véspera do San Sebastián, ás sete da tarde  os veciños das 16 Parroquias coas  86 aldeas que conforman o territorio de Castro Caldelas acollen a festa dos "FACHOS".

Esta celebración pérdese no tempo e a súa orixe  pódese remontar á costume herdada dos seus máis remotos antepasados castrexos. 

Outros vinculan  a orixe á lenda de cando San Sebastián ser perdeu no territorio e tiveron que saír a buscalo  de  noite.

Os veciños diríxense o Castelo, portando os fachóns acendidos que logo deixan diante da igrexa formando unha gran fogueira.

As estreitas rúas que chegan ata él están compostas por casas que seguen mantendo o estilo arquitectónico tradicional ata nas novas vivendas,  asentadas sobre as penas.

O redor desa gran fogata, diante da igrexa dos Remedios, todo os participantes e asistentes comen chourizo da terra con viño da súa  Ribeira Sacra,   a Bica Mantecada ,  doce típico do lugar,   acompañada polo exquisito licor café que tamén se elabora aquí.

Os  fachóns de palla para os portadores individuais teñen entre un e dous metros de lonxitude, pero o protagonista é o gran fachón, cabeza do grupo que no 2001 chegou a superar os 48 metros e que máis de 20 homes se encargan de levar sobre as forquitas.

Como nas últimas décadas xa non se se sementa practicamente cereal,  non se malla,  e moito menos a man; o concello solucionou o problema comprándollelo palleiro a un particular que continuaba coa tradición. Grazas a esta festa o centeo séguese a sementar, xusto cando esta tradición agrícola estaba  a piques de desaparecer.

O pasado medieval reflíctese por todo o territorio  desta comarca con numerosas  ermitas e mosteiros como San Paio  e Santa Tegra da Abeleda, que unha vez estando aquí non se poden deixar sen visitar.

 

Datos Galicia IGE
comprar libros
Descarga Libro Gratis

Baamorto

Monforte de Lemos ten entre as parroquias que o conforman o territorio que ocupa  Santa María de Baamorto, coas seguintes entidades de poboación: Casares, Cinsa, Devesas, Pallares, Pol, Reboredo, outras fontes engaden algún lugar máis:   Agriño, Chavarega, Lama,  Pereiras,  Portobrea, Ribela Neste...

Comprar Artesanía
RUTAS RIBEIRA SACRA
comprar libros
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA