MAIOS GALEGOS

Festa dos maios en Galicia 

Unha ancestral tradición

A árbore de maio tan extendida en todo o mundo atópase tamén en Galicia.

Cruces ou Postes cubertos de flores postos nos quintairos, nas prazas ou nos zaguáns có nome de maios.

Rei de Maio, un rapaz que sae polas rúas das vilas e aldeas ataviado con flores e follas e acompañado por outros rapaces cantando cantigas, parando nas prazas. O  Maio cantaba as estrofas e os nenos repetían a copla.

Vicente Risco recolleu que en Entrimo esta costume,  que era moi semellante á de Castela e que en Laza,  Verín,  os homes unha semana antes  van buscar unha árbore e  tráena ao lombo colocándoa o día 3 no labradío. O día da cruz popularmente é coñecido  pola fama de derrama de colleitas que se sofre se xea esa noite.

Na tradición dos maios en Galiza atopamos uns esconxuros contra os vermes no campo e pregos para que sexan boas as vindeiras colleitas.

Seica en Pontecesures a noite do 29 de abril os campesiños percorren o campo con fachós de palla cantándolle as colleitas.

Vincenti en "El alma popular" da unha versión desta practicas  en Padrón e nas dúas marxes do Ulla,  na noite do 30 de abril de esconxuro de vermes.

Noutras aldeas, Campaña , San Lois, Estramundi..saian ao primeiro canto do  galo   facendo en torno as leiras de cereais unha ronda de lumes.

Preto de Noia, en Santa Maria de Roo,  tamén celébrase a víspera do día 1 , xúntanse os veciños no outeiro facendo  unha fogueira e unha danza circular cunha cantiga:

Na Mahia o poeta Tobío  Campos recolleu esta costume nomeada  "alumiar o pan" que se facía para que medrasen as colleitas e Deus as librase de Pestes e pedras

Noutras localidades de Galicia facíase con auga bieita asperxendo as leiras con xestas ou codesos, que logo chántanse neles.

En Mourente  preto de  Pontevedra a fórmula desta beizón dicía esi:

"Cobras e Sapos

Bruxas e Ratos

Toupas e Meigas

Fóra das miñas Veigas"

Chantar os ramiños nos campos e lares en moitos lugares de Galicia era o enramallamento,  Meira, Quiroga en Lugo ou mesmo en  Pontevedra onde enfeitan ós carros de bois, o que derivou logo no Corpus en Redondela a ataviar ao boi con ramallos.

 LIGAZÓNS RECOMENDADAS

 http://www.funjdiaz.net/folklore/07ficha.php?ID=258

http://www.orballo.org/?page_id=145

 A horta galega en Maio

Danza Tradicional polas Letras Galegas

Romaría RAIGAME en Celanova

 

A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA

Libros Peruchela Edicións

Hasta que llegué al silencio2021| Poesía| Mayte Rguez

Elpis na Lareira 2021| Poesía| Parada Jato

How to be a Big Influencer2021| Ensaio| Gerardo Pochintesta

De Vida Morte Amor e Indiferenza2020 | Poesía| Lin San Mar

A Vida nas Botas2020 | Poesía| Antón Valcarce

Estamos de Conto2020 | Contos| Pili Sánchez

Náiades2020 | Poesía| Suso Parada Jato