Eventos cíclicos en inverno antes do COVID-19
19 de xaneiro OS FACHOS, San Sebastián
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 4758

OS FACHÓS EN CASTRO CALDELAS
OURENSE
Cada 19 de xaneiro véspera do San Sebastián, ás sete da tarde os veciños das 16 Parroquias coas 86 aldeas que conforman o territorio de Castro Caldelas acollen a festa dos "FACHOS".
Esta celebración pérdese no tempo e a súa orixe pódese remontar á costume herdada dos seus máis remotos antepasados castrexos.
Outros vinculan a orixe á lenda de cando San Sebastián ser perdeu no territorio e tiveron que saír a buscalo de noite.
Os veciños diríxense o Castelo, portando os fachóns acendidos que logo deixan diante da igrexa formando unha gran fogueira.
As estreitas rúas que chegan ata él están compostas por casas que seguen mantendo o estilo arquitectónico tradicional ata nas novas vivendas, asentadas sobre as penas.
O redor desa gran fogata, diante da igrexa dos Remedios, todo os participantes e asistentes comen chourizo da terra con viño da súa Ribeira Sacra, a Bica Mantecada , doce típico do lugar, acompañada polo exquisito licor café que tamén se elabora aquí.
Os fachóns de palla para os portadores individuais teñen entre un e dous metros de lonxitude, pero o protagonista é o gran fachón, cabeza do grupo que no 2001 chegou a superar os 48 metros e que máis de 20 homes se encargan de levar sobre as forquitas.
Como nas últimas décadas xa non se se sementa practicamente cereal, non se malla, e moito menos a man; o concello solucionou o problema comprándollelo palleiro a un particular que continuaba coa tradición. Grazas a esta festa o centeo séguese a sementar, xusto cando esta tradición agrícola estaba a piques de desaparecer.
O pasado medieval reflíctese por todo o territorio desta comarca con numerosas ermitas e mosteiros como San Paio e Santa Tegra da Abeleda, que unha vez estando aquí non se poden deixar sen visitar.