OS TRABALLOS EN MARZO
A folla das árbores autóctonas é empregada para abonar as terras ou darlle frescura ás froiteiras.
A primeiros de marzo podemos disfrutar dos filleiros dos chanteiros, unha verdura moi apreciada polos galegos.
Moita xente ceba polos no mes de marzo. O bon tempo anima a criar poliños brancos ou rubios aos que preferiblemente alimentaremos con patacas cocidas e fariña de millo producidas nas nosas terras.
Nos xardíns é tempo de plantar os bulbos dos gladiolos e as carolas das dalias de outono. Tamén é o momento de reprantar o céspede.
Marzo tamén é tempo de facer semilleiros protexidos xa no exterior. Sandías, melóns, fabas, cabacins, pementos, berenxenas, zenorias e prantas aromáticas.
TRUCO PARA UNHAS BOAS CEBOLAS
"Debes de sementar dúas cebolas das da colleita anterior neste mes de marzo para que boten semente. Estas sementes usaranse en sementeiros no primeiro menguante de Setembro. Serán as trasplantadas a mediados de marzo no sitio adecuado da horta".
OUTROS CULTIVOS
Nas últimas décadas deixouse prácticamente de sementar. O descenso da poboación das aldeas fai que as matanzas domiciliares do porco en Galicia tamén descendan co cal o ter garavanzos para os callos e o cocido da festa da matanza non é indispensabel.
Na maioria das casas do rural galego mercan un par de quilos en calquera tenda de alimentación aforrando o traballo que supoñía o seu cultivo, limpeza e conservación.
Os medios de transporte e o facil acceso a eles desprazou o seu cultivo ata entón indispensable xa que a dieta fundamental dos galegos era a base de leguminosas.
O mesmo pasou con outros cultivos tales como as lentellas e as fabas secas, éstas últimas inda se seguen a cultivar pero en menor medida.
En poucas décadas pasamos de cultivar centos de kilos de garavanzos a non sementar ningún. Esta e outras leguminosas danse ben nas nosas terras.
+ Cousas
Como as árbores ainda non agromaron resulta un mes apropiado para cortar leña de cara ao inverno seguinte.
En marzo comeza a Primavera
As flores silvestres deste mes son dunha gran beleza. As cunetas énchense de florciñas de todo tipo.
O laurel tamén está florido. Saen as primeiras rosas. O arume das flores fai disfrutar o sentido do olfato.
A mediados de mes cerdeiras, pereiras, mazairas e marmelos floridos decoran as aldeas.