imprimir
Also available:  Español 

TRABALLOS NO MES DE ABRIL

Si o tempo o permite aos 15 días de sementar as patacas pasaremoslle o motocultor para evitar que lle nazcan herbas malas. Aos 30 días xa estarán nadas e aos 90 criadas. Convén botarlle unha man de xofre en po por riba das prantas que lle dará calor e lle servirá para combater as pragas.
As fresas neste mes xa están floridas e teremos coidado de que non medre a herba entre elas.

Transplantaranse os sementeiros de Tomates no exterior e cubrilos con botellas baleiras de auga grandes faraos menos vulnerables aos cambios climáticos. É importante protexelos das xeadas si queremos que se logren.
Podemos transplantar os cabaciños, pepinos e seguir poñendo repolos.

Neste mes,  polo San Xurxo (23 de abril) seméntase o millo e o liño,  as cabazas, sandías e melóns e tamén a fabas (xudías verdes).

Os froiteiros están floridos e si as xeadas non estragaron os froitos podemos ver os primeiros acios nas parras, as cereixas, ameixas e moitas máis froitas.

En abril  póñenselle paus ou guías aos chícharos e tirabeques si ainda non os tes postos.



NOVOS CULTIVOS NO MES DE ABRIL

A horta é dinámica. Do mesmo xeito que moitos cultivos se deixan de practicar  debemos de adaptarnos a realidade  de cada momento e non ter medo de probar e intentar producir novas cousas nas nosas terras.
Xenxibre, ourego, alfábega, romeu, herba luisa, tomiño, groselleiros e herbas aromáticas de todo tipo teñen cabida na horta e isto fará que se asemelle máis a un xardín.

Debemos adaptarnos ao patente cambio climático e introducir cultivos que probablemente agora se dean ben na nosa terra. Boniatos, groselleiros, physalis son soamente  tres ideas de cultivos que poderás poñer en práctica pero hai moitos máis e se non probas non saberás si se da ou non.