Eventos en Galiza

A Santiago a pé, polas aldeas galegas!!!
" Na memoria dos nosos antergos dos que herdamos a Terra a Fé e a Fala"

A+ A A-

Poesía

A Tí Manuel María

Do POEMARIO LEMAVO

 

- A tí Manuel, que canto tí falabas 

as verbas da verdade e da nazón

no fondo do meu peito están caladas

na túa  boca sonan por min.

 

-A ti, que cantas os meus soños

e por min pides libertade

no fondo do meu peito durmen quedos

na túa  boca sonan por min.

 

-Ben sei, que cando ti falabas

na miña alma sementabas a fror

fror que esmoreceu co silencio

silencio que vive en nós.

  

E sei, que cando sae o sol

sinto medrar en min

desexos de berrar, cantar

a voz do río e da nazón

 

 Grazas, graciñas, Manuel, Grazas

de todos nós.

Grazas, graciñas home grazas

de corazón.

 

 

 

De bagoas na choiva - Galiza

DE BAGOAS NA CHOIVA

Galiza

Esta é unha terra donde os camiños se esquencen de ser

Os lameiros acadan a percura do gando

E os arados fican esquencidos nas hortas

 

Eiquí os homes cotizan o carón dunha sombra

Lembrando, quizais, algunha historia anterga

Namentres os defuntos suman postos no camposanto

E cada ano son menos os que fican cos vivos

 

A Galiza rural da labranza, da vendima e da augardente

Dos lonxevos corvos na alambrada vella

E as cegoñas zancudas por tódalas veiras

 

Hoxe non ouvean os lobos no Outeiro

E o can que gardaba o gando

Perde o senso adormecido no chan das escaleiras

 

E a choiva asoma no val de Lemos

Sempre bendita, sempre esperada,

Como unha amante malquerida

Ni con ela, nin sen ela, fican ben os galegos

 

Ainda alumean as estrelas con forza nas aldeas

Algunhas casas novas e moitas casas vellas,

As farolas as veces non prenden…

Hai cousas que son un luxo,

cando xa non queda xente

  

E pra dez igrexas ben vellas

un só crego, co digno esprito de ser

quen sostén a esperanza dos que nunca creeran

 

A Galiza  das bagoas na choiva

Da neboa enfeitizada o encender e a adormecida

A do lusco e fusco, a do forno de leña,

A da vendima e a dos contos de meigas

A da recollida da herba e a da malla na eira

 

A Galiza que pranta e pranta arbores tardías

Para poder xubilarse, ou por si acaso.

A que fai a matanza do porco

Porque no quere morrer sen ela

A que presume de lacón, caldo e patacas

E adoece polo pulpo na cocina de leña

 

A Galiza do pan centeo cocido en forno de pedra

A Galiza da xente que traballou

Ata deslomar os osos

 

A Galicia heredada dos nosos antergos

O Pepe, a Anita, a Marisa, a Remedios,

O Manolo, a Maruja, a Rosa, o Manuel,

A Herminia, o Fernando, a Filomena,

O Javier, a Besita, o Paco…

 

A Galicia dos que ainda son

E a dos que tanto quixemos

Datos Galicia IGE
Enxebre WEB
Descarga Libro Gratis
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA