Eventos en Galiza

A+ A A-

Feira Outrora 2019

Vista Xeral

14 de Xullo
OUTRORA

Posto de Panes, Empanadas e Doces. Éste é un  dos postos tradicionais que se mantén na actualidade en todalas feiras galegas.
Vista Xeral

Polbo e Churrasco
Feiras do mes

Pese ao incremento do prezo  do polbo,  séguese a manter  a costume de xantar nas feiras. É nestes eventos mensuais e periódicos onde o cefalópodo adquire o seu máis auténtico sabor tradicional.
Vista Xeral
Ir mercar á Feira, segue sendo habitual.
Vista Xeral
Membrillo e Queixos Artesáns
Vista Xeral
Posto tradicional de Queixos e Salgados
Vista Xeral
Froitos Secos e Carne Salgada
Vista Xeral
Prantas da horta e para a horta.
Vista Xeral
Roscas de Sober

A FEIRA TRADICIONAL

Somos testemuña da transformación e desaparición das feiras galegas tal e como eran ata hai 35 anos, cando os animais eran unha parte fundamental delas.
Ir a Rubián á Feira foi durante séculos unha obriga para os aldeáns se querían conseguir algo de diñeiro para sobrevivir: vender os ovos, as galiñas, os buchos, os porcos, os xamóns; mercar teas para facer roupa, queixo "castellano" ou bacallau en troques ou levar unha pesetiña para a casa pra manter os fillos.

Son moitos os postos que permanecen no tempo e que se poden ver a miúdo nas nosas feiras: ferramentas, salgados, cestería, antigüedades, froitas, etc. A esta feira, Outrora, engádenselle tradición de oficios e artesanías, xogos interxeneracionais e festa da escuma para os máis pequenos, e unha cita ineludible coa recreación dunha malla dos anos sesenta. 
Música, comida e folcklore poñen o broche a unha xornada anual de Feira Tradicional.
Vista Xeral
Ferramentas Tradicionais
Vista Xeral
A importancia da Reciclaxe é patente dada a gran cantidade de residuos que xeramos. A concienciación xoga un papel fundamental no proceso de conservación do medio.
Vista Xeral
Fouces, Gadañas, aperos de Labranza
Vista Xeral
Angazos tradicionais, cestos de madeira e sombreiros de palla.
Vista Xeral
Vista Xeral Plaza da Capela do Ecce Homo
Vista Xeral
Vista traseira da Capela do Ecce Homo e Posto de bastóns de madeiras autóctonas
Vista Xeral
Mirian Palmón, animadora sociocultural do Concello de Bóveda, responsable do Evento
Vista Xeral
No  VIII concurso de carteis que organiza o concello de Bóveda para ser imaxe da XVII Feira Tradicional Outrora de Rubián (Bóveda) a gañadora foi Mirian Varela Méndez.

OFERTAS LÚDICAS

O son das Gaitas da Banda Municipal da localidade e a Banda de Música de Foz animaron a mañá  e a sesión vermout.
Xosé de Guntín acercou vehículos realizados coa reciclaxe de latas de bebidas, creacións que non pasaron desapercibidas entre o público asistente.
Un dos últimos anticuarios que exerce na contorna,  dende terras da Ferrería do Incio, trouxo a Outrora antigos pucheiros e pezas tradicionais para a venda.
A olería e o ferro contaron con dous mestres destas antigas disciplinas artesanais facendo as súas respectivas demostracións en vivo dun traballo que outrora foi indispensable para a supervivencia.

DANZA E MÚSICA TRADICIONAL

BANDA DE FOZ

+ COUSAS

Un mestre canteiro, talladores de cristal e madeira, e un instrumentista  participaron asimesmo facendo os traballos  en vivo...

OFICIOS TRADICIONAIS

LEDICIA OUTRORA

O tempo non rende nada en Outrora pese a desenvolverse ao longo de toda a xornada. De dez a unha, ollar os postos  de artesáns singulares, que ata aquí se acercan neste día,  mercar algo nos postos tradicionais, disfrutar do son producido pola banda de música  invitada e emocionarse vendo bailar tan ben aos cativos do concello a nosa danza tradicional.
Momentos nos que os artesáns explican os detalles dos seus traballos e as técnicas e ferramentas que usan pra facelos, intres que comparten cos nenos cos que fan pequenos obradoiros.
Nati de Portela
Nati de Portela, amosa unha das mantas que texeu no tear este inverno e que trouxo a Outrora á venda.   O custe dunha manta destas características  é superior aos 700€.
Vista Xeral
Integrantes da Asociación Bolboreta facendo unha demostración do fiado.

ESCUMA E XOGOS TRADICIONAIS

Logo dos obradorios que comezan as 16 horas, o momento máis esperado polos cativos é o de emborquillarse na escuma refrescándose cos amigos. Despois dun  bon cacho  mollándose e berrando de divertimento, mudan a roupa e dispoñense a xogar cos maiores aos xogos tradicionais interxeracionais ata as oito da tarde.
Actuación do Coro Municipal na Capela

OUTRORA
CORO NA CAPELA

A Coral Municipal actuou na capela do Ecce Homo ao mesmo tempo que no exterior se realizaba a malla. Foron moitos os que optaron por sentarse a escoitala ata o remate da actuación.
Equipo da malla 2019

OUTRORA
EQUIPO MALLA 2019

Unha actividade colectiva que se realizaba nas aldeas nos meses de xullo e agosto, a malla dos cereais,  foi recreada  por veciños de todalas idades.
Leer +

MALLA TRADICIONAL

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA