Logo Oficial Aldeas Galegas

Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario, Sermos Galiza - Diario de intereses galegos
Comparsas de Carnaval 2020 Comparsas de Carnaval 2020 Comparsas de Carnaval 2020 Comparsas de Carnaval 2020 Comparsas de Carnaval 2020 Comparsas de Carnaval 2020 Comparsas de Carnaval 2020 Comparsas de Carnaval 2020
A+ A A-

Feira Guímara 2019

VI FEIRA GUÍMARA

Seis edicións coa deste 2019 nas que os veciños da Pobra do Brollón e as súas aldeas reviven a histórica revolta dos guímaros fronte os condes de Lemos, derivada dos abusos que estes levaban a cabo no territorio.
A recreación da revolta veciñal transmite unha mensaxe de liberdade fronte ao asoballamento recibido. Esixencias señoriais que os veciños non poden tolerar dado que, a diferenza doutras  terras da contorna, a Pobra era territorio de realengo, pentencente ao rei, mentres que os señoriais, xuridiscionais ou territoriais, estaban en mans dos nobres.

Pregón e Historia

Revolta Guímara

Música e Ambente

PLEITOS CONTRA OS CONDES DE LEMOS

Hai testemuñas documentais no Arquivo Real de Valladolid de máis dunha ducia de pleitos de veciños da Pobra contra o Conde de Lemos entre os anos 1480 a 1601.
A figura de Lope de Ferreiros sae ensalzada desta edición da feira, onde a poetísa Olga Novo participa aportando estes datos tan importantes para coñecer a resistencia exercida polos veciños fronte aos condes de Lemos. Lope de Ferreiros alenta aos veciños a denunciar pero como consecuencia é castigado polos condes quen logo de atacar as terras guímaras lle corta un pé sen mediar xuízo algún.
Pregoeira da VI edición Guímara

A Pregoeira

A pregoeira deste ano foi Noa Moreira, de Salcedo,  quen se ven de estrear como escritora cun libro de poemas titulado "METEORO IMANTADO".
Alcalde, Xosé Lois Maceda

O Alcalde

O alcalde do concello Xosé Lois Maceda, foi encargado de abrir a nova edición da feira presentando en público á Pregoeira deste ano e as novidades que destes feitos sacou a luz nos últmos meses Olga Novo.
Olga Novo

A Poetisa

A poetisa Olga Novo,  vén de publicar  na revista Luzes, “Amada Sombra Guímara”, onde afonda nas orixes da Pobra do Brollón e dos Guímaros. A publicación serviu  como prólogo á VI Feira Medieval Guímara e pódese acceder a ela premendo na ligazón.

ARTESANOS DO SÉCULO XXI

Panes e doces tradicionais da Pobra do Brollón ocuparon postos na Feira Guímara  xunto con outros de artesans do Coiro, da Madeira, do Barro e da Pedra.
Celia Paradela trouxo as súas creacións de pinturas sobre lousa, Jesús García as botellas con aperos de labranza no interior, José Luis Alvarez Pardo tallas en pedra e creacións enxebres de instrumentos musicais con gravacións  en madeira.
Non faltou un tear, unha cesteira  e tamén a olería de Sober da man de FIGULUS.
Demostración con aves de presa e música completaron a xornada.
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA