Logo Oficial Aldeas Galegas

Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos

Aviso

Seguimos traballando na mellora desta web. Grazas pola túa comprensión.
A+ A A-

Primavera

Primavera

Festa do Melindre en MELIDE

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Os ricos Melindres

Estás agardando a saber quen vai ser o pregoeiro desta edición da #FestadoMelindre?

https://gl-es.facebook.com/FestaDoMelindre

https://www.facebook.com/FestaDoMelindre/posts/2406677686012980

https://www.facebook.com/xoan.arco.da.vella/posts/1000245149985814

Festa do Melindre  e da Repostería Tradicional da Terra de Melide.

 

 

Ata a concurrida rúa Príncipe desprazaranse melindreiros e autoridades locais melindenses para promocionar o fin de semana máis doce de toda Galicia.
 
 



 

 

 

Mostra do Aceite de Quiroga no muiño de Bendilló

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

XIX MOSTRA DO ACEITE DE BENDILLÓ 2019

 

    

FEIRA DO ACEITE   BENDILLÓ 

 

Dende que comezou este novo século vénse celebrando, nunha contorna secularmente vinculado coa produción artesanal do aceite, Bendilló, en Quiroga, unha mostra anual na que se dá a coñecer aos visitantes o antigo modo de extracción do aceite.

Na galería de imaxes pódese apreciar, o molino e as partes que o conforman para dar como resultado logo o produto. A pila de moer, o mazo de prensar, a decantadora e tamén a besta, representadora das súas precursoras.

 



Esta demostración está acompañada da presenza de productores da zona que venden: licores de aguardentes, mel, pans, castañas secas e o aceite, aos compradores que adquiren neste día comestibles naturais ao 100 %.  O grupo de danzas e gaitas rexional ameniza con varios actos a xornada e os postos de pulpo e churrascos están asentados para os máis animados en prolongar a súa estancia ata o atardecer.

A poucos metros de aquí comeza a Ruta do Mel e do Aceite que pasa polas aldeas de ParadaSeca, Parada Piñol, Rugando, Villarmel e Cereixido. Desde a N-120 pódese acceder a ela.

 


A TRADICIÓN DO ACEITE EN GALICIA


A presenza de olivares en terras sur orientais de Galicia que gozan dun clima oceánico mediterráneo remóntase a éra castrexa. "Estes antigos pobladores, alimentábanse ademais con aceitunas, pero descoñecían os métodos de extracción do aceite, xa que na súa dieta só empregaban graxa animal".

Coa conquista dos romanos, os coñecementos destas técnicas foron transmitidas e Galicia converteuse entón nun dos territorios conquistados do que máis aceite se transportaba en ánforas para a capital, ROMA do 130 ao 250 DC.

Logo dos árabes, na conquista de América polos españois, a produción deste prezado líquido curativo, medicinal e alimentario, incrementouse en zonas como Baiona ou Pontevedra pola necesidade de exportación ao Novo Continente descuberto, pero os Reis Católicos, nunha política de favoritismo a outras zonas do reino, fixo arrincar unha gran cantidade de olivares nesta terra, o que supuxo o declive final no século XIX..

 



LUGARES

Quiroga, Ribas de Sil, Valdeoras, Larouco, Verín, Tomiño, Ou Rosal ou A Garda, son na actualidade "comarcas" nas que se seguen cultivando olivares e elaborando un produto autóctono de propiedades inigualables.

 

 

 

 

 

Os MAIOS na GALLAECIA

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Festa dos maios en Galicia 

Unha ancestral tradición

O Arbre de Maio tan extendido en todo o mundo tópase tamén en Galicia.

Cruces ou Postes cubertos de frores postos nos quinteiros, nas prazas ou nos zaguans có nome de maios.

Rei de Maio, un rapaz que sae polas rúas das vilas e aldeas ataviado con frores e follas acompañado por outros rapaces cantando cantigas, parando nas prazas, o Maio cantaba as estrofas e os nenos repetían a copla.

Vicente Risco recolleu que en Entrimo, esta costume, era moi semellante á de Castela e que en Laza,  Verín,  os homes unha semana antes  van buscar unha árbore e  tráena ao lombo colocándoo o día 3, o día da cruz, que popularmente e coñecido  pola fama de derrama de colleitas que se sufría coa xeada desa noite. Si o froito non axeaba na santa Cruz, lográbase.

Na tradición dos maios en Galiza atopamos uns esconxuros contra os vermes no campo e pregos para que sexan boas as vindeiras colleitas.

Seica en Pontecesures a noite do 29 de abril os campesiños percorren o campo con fachós de palla cantándolle as colleitas

Vincenti en "El alma popular" da unha versión desta practicas  en Padrón e nas dúas marxes do Ulla,  na noite do 30 de abril de esconxuro de vermes.

Noutras aldeas, Campaña , San Lois, Estramundi..saian ao primeiro canto do  galo   facendo en torno as leiras de cereais unha ronda de lumes.

Preto de Noia, en Santa Maria de Roo,  tamén celébrase a víspera do día 1 , xúntanse os veciños no outeiro facendo  unha fogueira e unha danza circular cunha cantiga:

Na Mahia o poeta Tobío  Campos recolleu esta costume nomeada  "alumiar o pan" que se facía para que medrasen as colleitas e Deus as librase de Pestes e pedras

Noutras localidades de Galicia facíase con auga bieita asperxendo as leiras con xestas ou codesos, que logo chántanse neles.

En Mourente  preto de  Pontevedra a fórmula desta beizón dicía esi:

"Cobras e Sapos

Bruxas e Ratos

Toupas e Meigas

Fóra das miñas Veigas"

Chantar os ramiños nos campos e lares en moitos lugares de Galicia era o enramallamento,  Meira, Quiroga en Lugo ou mesmo en  Pontevedra onde enfeitan ós carros de bois, o que derivou logo no Corpus en Redondela a ataviar ao boi con ramallos.

 LIGAZÓNS RECOMENDADAS

 http://www.funjdiaz.net/folklore/07ficha.php?ID=258

http://www.orballo.org/?page_id=145

 

 

Danza Tradicional polas Letras Galegas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 

 As Nosas Letras Galegas 

"O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declaras Se o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

Saber máis

 E como as letras están de festa aproveitamos para bailar muiñeiras neste día. A romaría Raigame en Celanova acolle dende hai casi vinte anos grupos de baile e folclóre de toda Galicia.

 

LIGAZÓNS RELACIONADAS

Muiñeiras polas letras galegas anos anteriores

128 letras de cancións populares galegas

Traxes da Nosa Danza Tradicional 

 

 

Danza Tradicional en Bóveda 2016

 

 

Feira do viño tinto O Salnés - Barantes Ribadumia

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
  • FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS

    Carballeira de Barrantes (xuño)

    A Festa do Viño Tinto do Salnés, cuxa primeira edición se remonta ao 1967, reúne a un experto comité de catadores que fai entrega dos premios nun multitudinario almorzo a base de polbo, empanada e carne regado co afamado viño tinto de Barrantes, un caldo froito da fermentación da variedade de uva espadeira e exaltado por numerosos escritores. A programación tamén inclúe unha variada oferta de concertos e actividades culturais, así como a Mostra de Exaltación da Nosa Conserva

    Ribadumia atópase nunha situación privilexiada, en pleno corazón do Salnés, limitando cos municipios de Vilanova de Arousa, Cambados, Meaño e Meis.

    As comunicacións con Ribadumia véronse favorecidas coa construción da vía rápida do Salnés e da autoestrada A-9, que permiten que a vila estea conectada cos núcleos urbáns máis próximos: Santiago, a 61 quilómetros, Vigo, a 47 quilómetros, Pontevedra, a 22 quilómetros.

    OUTROS EVENTOS DA COMARCA

  • Festa do  Pan do Salnés
  • Romaría de Santa Baia
  • Romaría de Santa Marta de Ribadumia
  • Festa do Polo
  • Feira Medieval de Pontearnelas
  • Festa do Viño Tinto do Salnés

          FONTE: Web do Concello

          Páxina Oficial do Viño do Salnés

Feiras das Cereixas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 

Feira das cereixas e do viño de Belesar

os días 17, 18 e 19 de maio feira do viño e das cereixas en Belesar. Entre os concellos de O Saviñao e Chantada esta localidade será a sede para catar os viños da zona, a gastronomía típica e os primeiros froitos da tempada.

 

 ****************************************************************************************** 

 ****************************************************************************************** 

 

San Clodio - Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil -  9 e  10 de xuño -  As cereixas da zona de Figueiredo atraen a visitantes de toda a contorna na Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil.

 ****************************************************************************************** ******************************************************************************************

 1/06/2019 ó  03/06/2019 XXXIII Festa - Feira da Cereixa de Beade (Vigo)  - Feira da Cereixa que terá lugar dende o 1 ao 3 de xuño na  parroquia viguesa de Beade. Degustar a cereixas da tempada e desfrutar das actividades programadas para o público de todas as idades.

 

 ****************************************************************************************** ******************************************************************************************

06/07/2019  al 07/07/2019 Festa das Cereixas (Laracha) Paiosaco, parroquia de Lestón , coincidindo coa celebración da primeira feira do mes de Xullo.

Ademais dos postos de venda de cereixas haberá varias actividades relacionadas co produto e actuacións musicais que animarán a xornada.. Festa declarada festa de interese turístico de Galicia.

Asociación de Turismo da Costa da Morte

https://www.visitacostadamorte.com/es/axenda/fiesta-de-las-cerezas-de-paiosaco

 

****************************************************************************************** ******************************************************************************************

San Paio - Romaría das Cereixas  (Abegondo) O próximo 30 de xuño e 1 de xullo 2019  o terá lugar na parroquia de Vilacoba, no municipio de Abegondo, a festa relixiosa na honra a San Paio. Actos litúrgicos programados para a ocasión, variadas actuacións musicais e degustación gratuita de cereixas da comarca na popular Romaría das Cereixas.

 

****************************************************************************************** ******************************************************************************************

06/07/2019 Festa das Cereixas (Culleredo) Festividade gastronómica popular que se celebrará no lugar de Peiro de Arriba, na parroquia de Celas do municipio de Culleredo, o 8 de Xullo. Os asistentes a esta xornada poderán degustar este exquisito froito de tempada e deleitarse coas variadas actuacións musicais."

 

****************************************************************************************** ******************************************************************************************

 Webgrafía: EnComún, PaxinasGalegas y Google como motor de búsqueda

Cume Tapas en moitas Vilas Galegas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

E PARA GASTRONOMÍA, A GALEGA!!!

No ano 2009 cando recén se estaban poñendo de moda este tipo de iniciativas-concurso realizaba a seguinte entrevista a un recoñecido cociñeiro madrileño que puido traballar por todo o país e sabe moi ben o que se come e o que se cociña.

CHEF DE COCINA ENTREVISTADO: José Cuerva Campillo

Peruchela - ¿Cual ha sido tu primera impresión al conocer esta iniciativa ?

J.M.C.C - Todo lo que sea por incentivar las costumbres sanas como el comer y  beber,  compartiendo  momentos con amigos  mejorando con ello las relaciones humanas, es  algo muy positivo.

Peruchela: - ¿Cual ha sido tu primera impresión al ver las imágenes de las tapas concursantes?

J.M.C.C -Que entran por los ojos,  cumplen los objetivos sobradamente

Peruchela: -¿Cómo sabrías  tú   elegir a la mejor tapa ?

J.M.C.C -  Primero seleccionaría de  aquellas  que  me despertaron  los sentidos,   básicamente las que  me dieron más ganas de seguir comiendo

Peruchela: -Por último,  ¿Comerías con tapas?

J.M.C.C -La comida rápida de España son las tapas por excelencia, por eso en nuestro país  no proliferaron los locales de  otro tipo de comidas rápidas tanto como en otros, he comido con tapas en numerosas ocasiones y .. ¿quién no?.


Opinións - Maio 2017

A costume era ir a un bar e tomar un viño que traia unha tapiña polo mesmo prezo.

Nestes concursos  o xurado ten que ser xente pudiente, xa que pagar  por unha tapa 1,50 € e a maiores a consumición escapa as posibilidades de moitos. Con estes prezos a maioria non nos podemos permitir percorrer todos os locales concursantes, moi a pesares noso. En vilas como Monforte de Lemos onde levan xa case dez anos con esta iniciativa son máis de 25 locales inscritos á participación.

Si ben é certo as tapas que se elaboran nestes concursos promovidos dende as institucións e o comercio das vilas son dunha alta calidade e díficil elaboración. Ter a posibilidades participar neste concurso, resulta unha experiencia inesquecible para os sentidos e os avistamentos.

Si en Galicia hai bares e funcionan e porque lle poñen o prezo ó vaso e tapa xuntos, unha cousa razoable o que che poder supor 1,50 € na actualidade,  hai sitios de 1,30 € e de 1,80 € e  logo de 2 € pra riba.

As tapas son parte do acompañamento das bebidas sendo unha costume visitar varias tabernas xuntas para probar diferentes tapas.

Isto é o que fai un gran número de persoas ao longo do ano.

 

Feira do Galo de Curral en Vila de Cruces

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

A FEIRA DO GALO DE VILA DE CRUCES

 "O produto estrela da gastronomía de Vila de Cruces é o Galo de Curral en torno ao que se vén celebrando nos últimos anos unha importante festa gastronómica declarada de interés Turístico Galego.

Tradicionalmente os galos criábanse en total liberdade, cunha alimentación natural composta basicamente por millo, trigo,verzas e herbas. Este sistema de crianza fai que a súa carne acade uns altísimos niveis de calidade e un exquisito e inigualable sabor.

Recollendo esta tradición no ano 1992 o Concello de Vila de Cruces creou a FESTA GASTRONÓMICA DO GALO DE CURRALque ao longo das súas edicións foi medrando en fama e popularidade, asistindo gran cantidade de público a degustar o producto, así como a presenciar os actos culturales e lúdicos que acompañan a festa. O galo de Curral pode ser degustado durante todo o ano nos restaurantes de Vila de Cruces, e pódense adquirir galos vivos ou sacrificados a través da Asociación de Criadores (teléfono 986 532 385), ou na FEIRA DO NADAL DO GALO DE CURRAL que se celebra nesas datas ".

LIGAZÓNS DE INTERESE

Fonte Web do Concello

https://gl-es.facebook.com/galodecurralviladecruces/

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA