Logo Oficial Aldeas Galegas

Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario, Sermos Galiza - Diario de intereses galegos

PUBLICIDADE

Anúnciate nesta plataforma. + Info: administrador@aldeasgallegas.com 
A+ A A-

Primavera

Primavera

Feira Exposición do Queixo de Arzúa

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

QUEIXO GALEGO POR EXCELENCIA

Ven a disfrutar do seu Sabor!!!

 

 

Consello Regulador D.O.P. Arzúa-Ulloa:  | 981 507 653

O queixo, foi recoñecido en 1995 como Denominación de Orixe Protexida, para aqueles producidos segundo un determinado método e orixinarios (leite e produción) nos concellos da Área xeográfica da D.O.P. Arzúa-Ulloa: Arzúa, Boimorto,Curtis, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vedra e Vilasantar (na provincia da Coruña); Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Friol, Guntín, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada (na provincia de Lugo) e Agolada, A Estrada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces (na provincia de Pontevedra).

 Enlace WEB DO QUEIXO

 

 

Feira do Viño en Chantada

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 EVENTOS

VIÑO DA RIBEIRA SACRA

A feira do viño de CHANTADA é unha das máis multitudinarias de todalas que celebran na denominación de orixe RIBEIRA SACRA

As ribeiras onde se cultivan os viñedos,  o mosteiro de Santo Estevo  e o salto de Belesar, que están moi preto da vila de Chantada,  son un reclamo turístico ineludible.

Entre as fotografías encontramos ao grupo de gaitas coa fundación máis antiga de toda GALICIA, máis de cen anos,   e que aínda segue  a existir, como tamén imaxes de  outro  grupo  de gaitas da zona de máis recente creación.

Os postos para comer o pulpo á galega,  a  animación e os divertimentos  o longo das xornadas nas que se  celebra esta feira,  pódense atopar edición tras edición. E moi recomendable ir a disfrutar deste gran fin de semana a Chantada.

 

 

 

viñedos nas escarpadas ribeiras Mosteiro de Santo Estevo
   
IMG 4813 IMG 4817
IMG 4766
Copas de viño no Chan polbo a medio cocer
IMG 4801 IMG 4798
 
 
 
 
 
 
 

No marzal: Festa da Arribada - Gran Mercado Medieval- Baiona

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

https://www.facebook.com/Arribada-Baiona-52753993843/

No ano 1974 declarouse festa local oficial o  1 de marzo en Baiona pero non é ata 1996 cando se comezou a celebrar a Festa da Arribada festexada dende entón a semana seguinte á do 1 de marzo. Doce disparos feitos dende a fortaleza de Monterrei anuncian o comezo da celebración.

O importante acontecemento que eiqui aconteceu foi o da chegada as costas de Baiona da carabela Pinta comandada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Diego Sarmiento o día 1 de marzo de 1493 chea de ouro, millo e lluca traendo a súa vez a nova da existenza das indias occidentais, converténdose deste xeito no primeiro lugar de Europa no que se tivo coñecemento do novo descubrimento.

O programa que para conmemorar a data e de sobrado amplo. É cotidián a representación cun teatro da chegada de Pinzón a praia da Ribeira. Hai exhibicións de aves de presa no atrio de Santa Liberata, torneo a cabalo pola desputa dunha fermosa doncela na praia da Arribada e ata competición de tiro con arco. 

O Mercado sito no casco antigo da vila fórmase con máis de catrocentos postos, na maioría de alimentos, sendo un dos reclamos turísticos da festa xunto cós  "ñoclos de Pinzón"  recuperados por Rosa Cristaleiro que rememoran a lenda que di que Pinzón logo de ser agasallado con eles a súa chegada,  e abraiado das súas propiedades menciñaes levou para Palos onde se atoparía con Colón varias cestas del tras consideralo eximio para o corpo e excelso para a ialma. Reza a lenda que foran feitos por Xeila unha fermosa doncela que amansaba con eles a ira do correxidor de Baiona por aquel entón Paio Veloso.

Aventuras de mariñeiros, xograres, contacontos, trobadores e cortesáns tocando zanfonas inundan as rúas da cidade.

Festa do Queixo e Pan de Ousá - FRIOL

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

QUEIXO DE LUGO

"Un concello agrogandeiro, do interior lucense, onde ademais de atopar un inmenso patrimonio cultural e natural, poderán coñecer a súa gastronomía, as súas xentes e os seus costumes... Friol, coñecido na bisbarra pola súa afamada gastronomía, referente da feira anual do queixo de Friol e do pan de Ousá, ten moito máis que ofrecer. Forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, ofrece interesantes percorridos por diferentes variantes do Camiño Primitivo, e polo Camiño Norte de Santiago, ofertas museísticas como a visita á Torre Fortaleza de San Paio de Narla, instalacións fluviais ó longo do Río Narla, e áreas recreativas en diversas parroquias,... merece unha visita que sen dúbida repetirán. E remato cun recordo sempre agarimoso para toda esa nosa xente que se viu obrigada a emigrar a terras lonxanas. Para todas esas persoas que con entusiasmo esperamos o seu retorno, e tamén para todos aqueles que por diversas circunstancias, xa nunca voltarán. José Ángel Santos Sánchez (Alcalde de Friol)"

Máis info http://www.concellodefriol.es

OUSA PAN E QUEIXO

Festa da Reconquista en Vigo

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 A RECONQUISTA 

A FRANCESADA

 Esta guerra din que foi unha das maiores dende as Revoltas Irmandiñas

 Chegaban batallóns de soldados a conquistar o territorio.

 Fixeron moitas aíadas derramaron colleitas ou as levaron enteiras

Moitos  franceses están enterrados en terras galegas, isto permanece na  nosa memoria histórica.

FESTA DA RECONQUISTA

VIGO  "LEAL E VALENTE VILA"   a primeira que se liberaba  a sí mesma da ocupación napoleónica.

Cristo da Vitoria patrón da cidade

PROGRAMA DAS FESTAS

  • Representación teatral dos episodios máis destacados da loita pola reconquista do 28 de marzo de 1809.
  • Talleres de Danza Bretona e Galega
  • Actividades de Costura, Carpintería e Pintura
  • Vestiduras do século XIX
  • Homenaxe aos heroes da reconquista  con pregón.
  • Pasarúas
  • Xigantes e Cabezudos
  • Contacontos, Titiriteiros e Meigos
  • Artesanía
  • Concertos de música Folk Tradicional

QUE VISITAR

  • Praza da Constitución da Princesa
  • Plaza Almeida
  • Rúas Triunfo e Cesteiros
  • Entorno da Colexiata
  • Parque e Pazo  de Castrelos
  • Monte do Castro  e da Guía
  • Percorrido en Barco pola Ría
  • Illas Atlánticas de Galicia

HISTORIA

Un Escabecheiro do Berbés de nome Carolo tivo a iniciativa de tirar a  hachazos a porta da Gamboa, cando caeo abatido un rapaz dunha aldea de Pereiro de Aguiar en Ourense chamada Cachamuiña  colleulle o relevo e rematou de derribala  atravesando a barreira que separaba á cidade da súa liberación.

Nota da autora:

A memoria colectiva é un valor a seguir fomentando nas sociedades futuras e nas presentes,  debemos dar a compartir a sabedoría popular .

 A celebración de festas rememorativas destes acontecementos,  das batallas contra os franceses,  salpícanse pola xeografía galega anualmente.

http://www.avcascovello.com/

Feira de Anticuarios de San Lázaro en Sarria

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

6 E 7 DE ABRIL 2019

ANTIGUEDADES

Os primeiros anticuarios pódense situar na historia no século XV, no Renacimiento; época na que se fundaron Academias onde se constituíron as diferentes ramas da Arqueoloxía. Nas súas orixes os Anticuarios preocupáronse principalmente do campo literario e humanista. No século XVI fundouse a numismática española por D. Antonio Agustín. Foi no século XVII e XVIII cando realmente as investigacións dos anticuarios progresaron e formaron coleccións de obxectos antigos e dedicáronse con intensidade ao seu estudo. No século XIX, as ramas da arqueoloxía estendéronse e multiplicaronse de xeito asombroso chegando a acadar un carácter científico.

A exposición que ten lugar en SARRIA, reúne un gran número de obxectos relacionados con ideas, gustos, feitos e costumes dos nosos antepasados. Aquí o visitante vai ter a posibilidade de adquirir obxectos artísticos e ideais.

Pinturas, esculturas e participando delas , cerámica, vitraria, eraria ou broncería, cerraxería, tormentaria, armería, pezas de gliptoloxía, dactilioloxía e musivaria.

Como obxectos ideais, que nos transmiten nada máis velos unha noticia e idea do pasado, pódense atopar iconos, símbolos, libros, selos (esfraxística), moedas e medallas (numismática). Obxectos auténticos e de colección.

A oferta en obxectos que nos serven para ornato das nosas habitacións, servizo e comodidade, mobles, cornucopias, tapices, reloxos.

Bastantes pezas de mobiliario eclesiástico, altares, pilas, insignias. libros litúrgicos, retablos, candeleiros e candelabros.

Si é coleccionista ou quere adquirir algo único a un prezo xusto, nesta Feira é o momento e Sarria o lugar. Os anticuarios da comarca xúntanse este día cos vindos doutros lugares da xeografía galega aumentando a oferta e convertendo a esta feira na máis importante cita anual do sector das antiguedades.

Cada mes de abril pódese vir visitar esta FEIRA DE ANTICUARIOS DE SAN LÁZARO.

 

 

 

 VERSION PRIMEIRA http://aldeasgallegas.com/sarria.html

 

 

Feira do Viño AMANDI - D.O. Ribeira Sacra

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

  "Amandi é a historia dun resurxir continuo, dun negarse a perder a batalla. Amandi é o sudor e a esperanza dunha xente convencida de que o futuro tamén pode ser seu. Iste futuro, empezouse a escribir  cando un grupo de veciños  decidiu revitalizala antiga feira de gando do domingo de Ramos;  por elo invitouse aos colleiteiros de viño da zona de Amandi a que trouxeran a capitalidade do municipio unha pequena mostra dos seus caldos. Por parroquias, o Amandi, colleitase en:  Doade, Amandi, Lobios, Pinol, Santiorxo, Bolmente e parte de  Anllo San Martiño e Anllo Santo Estevo. En total son 200 hectáreas de viñas, repartidas entre algo máis de 300 viticultores, e con 29 adegas  inscritas no Consello Regulador."

Fonte: Web do Concello http://www.concellodesober.com

Edicións anteriores :

2019 - XXXIX Feira de Amandi 13 e 14 de ABRIL

AMANDI 2018

AMANDI 2017

AMANDI 2016

 

 

 

AMANDI 2015   

AMANDI 2014    

 

14 de Abril - Feira de Artesanía do Ferro en Riotorto

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

NO NORTE DA PROVINCIA DE LUGO....

FERRO EN RIOTORTO

Fotos : Laura Alonso

 Os seguintes enlaces conteñen información sobre a tradición do Ferro  nestas  terras

 https://jomacacuchillos.wordpress.com/2015/01/27/un-poco-de-historia/

https://mafartesania.com/category/feira-da-artesania-do-ferro-de-riotorto/

http://www.herculesediciones.com/gl/un-homenaje-a-los-ferreiros-de-lugo-por-jose-manuel-salgado/

http://www.concelloderiotorto.gal/es/content/el-pasado-de-riotorto

 

Feira do Viño en Quiroga D.O. Ribeira Sacra

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

QUIROGA, TERRA DE LENDA

 MICROCLIMA DE SABOR

 Para coñecer a actualidade dos viños españois o ideal é comprar unha guía onde aparezan reflectidos.

Nada máis chegar a Quiroga aprecio que " os quirogueses" saben disto e entre os postos ambulantes que fan o preámbulo á feira do viño, atopo libros e guías a escoller.

Esta feira é unha xuntanza anual de coselleiteiros da Ribeira Sacra, sendo a subzona que máis uvas vende ás grandes marcas consolidadas desta D.O. As casetas teñen escritas en letras grandes a parroquia da que son. Os colleiteiros na súa maioría acoden cos excedentes do viño producido e nestes dous días de feira aproveitan para recoller pedidos para a seguinte tempada, dar a catar a súa produción e compartir cos asistentes momentos de confraternidade e bo rollo.

Produtos naturais como polen, mel, aguardentes varias e embutidos atópanse no recinto da feira, cada un deles especificando claramente a súa procedencia e a naturalidade garantida.

Como é habitual o posto máis visitado neste tipo de feiras é o da alfarería. Xarras e vasos pintados ao momento son vendidos ás cuadrillas de mozos vindos para a ocasión. Os cales colgaránse ao pescozo como é tradición e encherán unha e outra vez ata completar a cata de todos os viños expostos.

Volvendo ao preámbulo da feira do viño cabo destacar os postos asentados para vender queixos, pans, bolas de millos e doces rexionais e nacionais, maquinaria para a horta e o céspede, antiguedades rebuscadas, cestas de mimbre da etnia xitana da comarca, e tamén atrapasoños dos artesanos indíxenas ecuatorianos vindos a estas terras.

E aínda que na feira tamén houbo mercadillo de roupas e Tómbola, non lles fago, máis que mención, así que si queren velo por si mesmos, non deixen de asistir á próxima feira do viño QUIROGA

O grupo de gaitas e danzas de Quiroga, actúa ano tras ano para inaugurar a ocasión e deixa oír o Himno do Antigo Reino de Galicia, amenizando as copas de viño que os presentes van a degustar

 

 

 

Enlaces relacionados con esta comarca 

Ayuntamiento de Quiroga

http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.4368.php 

 Muestra del Aceite de Bendilló

http://quirogaeunviño.gal

En agosto Feira do Mel

Feira de Artesanía en Triacastela

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

FEIRA  DE ARTESANIA  E DE PRODUCTOS DA ZONA EN TRIACASTELA, LUGO, GALICIA

 O ARTESANO É MÁIS SANO

 O Páramo, Paradela, Láncara, Samos, O incio,  Sarria e Triacastela  conforman a comarca das terras de SARRIA.

productos artesanais dos Abades do Mosteiro de SAMOS Creacións de Mª carmen López (traxe regional) Villalba con Teas de Cecilia Carballo POSTO DE TEAR, CECILIA CARBALLOMármore tallado FELIX GARCIA

Triacastela  está considerada como un lugar estratéxico por estar situada ó lado dos " Alpes Galegos " . Polo mes de abril vénse celebrando a Feira de Artesanía e Productos da Zona.

Evento que celebra grazas a asociación de mulleres rurais Tres Castros e a asociación de Artesanas  do Tear.

Este municipio ocupa máis de  50 km2, conta con oito parroquias e está sito no camiño de Santiago entre o  tramo comprendido entre o Cebreiro e Samos

  

Da  extraordinaria calidade dos productos expostos. entre os máis de 60 expositores que se  dan cita no lugar, destaca o posto de promoción da  carne de vacuno de raza Cachena, o  posto do queixo  «estilo Cebreiro» e os  do  pan artesán

Postos  tradicionais como o de cestería ou o do tear, tallas en madeiras, tallas en márrmore, traballos en coiro.

licores de augardentes botellas  ornato  Arbore da música

     artesania en madeira MANUEL OTERO         

Cautiva  a chegada o lugar a presenza dunha construccón  antiga semi abandoada que traslada a nosa mente, ao  momento,   ata a idade media.  Asombra  igualmente coa súa  presenza  a centenaria nogueira que se pode ver nas imaxes.

E sen ir moito máis lonxe, a Igrexa Románica de Santiago de Triacastela  acaba de trasladarnos da actualizade a historia desta fermosa vila galega.

 

Enlace reportaxe orixinal : http://www.aldeasgallegas.com/triacastela.htm

 

Festa de Exaltación do Viño da Ulla D.O. Rías Baixas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

http://festadovinodaulla.com/

D.O. Rías Baixas - Subzona Ribeira do Ulla.

San Miguel de Sarandón - Concello de Vedra

Festa de Exaltación do Viño da Ulla, viño albariño da subzona do Ulla, a única que pertence á provincia da Coruña. 
Mostra dos Viños da D.O. Rías Baixas Degustación gratuita de viño, que se podrá tomar acompañado de filloas, pulpo, empanada e pichos tradicionais .

Poderás ver carros de bois cargados cós bocois do viño e catalos disfrutando ao son das gaitas e presenciando do espectacular desfile de gaiteiros.

 

Enlace Noticia 2017 

Outro enlace  FOTOS 2017 

 

Festa da Ostra, do mexillón do Cristo, da Rosquilla e do queixo de San Simón

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

INFORMACIÓN SOBRE OS EVENTOS

O Evento de Exaltación e Degustación da Ostra de  Arcade, Soutomaior, Pontevedra, Galicia, celébrase o primeiro fin de semana de Abril.

A ostra de Arcade-Soutomaior é das máis cotizadas e das pioneiras en comercializarse e exportarse fora de Galicia. A  variedade é  “ostrea edulis” que posue un sabor  ligado as auguas nas que se cría, a desembocadura do río Verdugo. A primeira edición desta festa organizouse no ano 1987 por primeira vez có obxectivo de potenciar o seu consumo e proxectar a imaxe do lugar de Arcade como un punto de referencia na produccion e comercialización da mesma.

Mais Info : http://www.soutomaior.com/festa_ostra_cast.html

 


O Evento de Exaltación e Degustación do Mexillón de  San Ciprián, Cervo, Lugo, Galicia, celébrase a mediados de abril

 

Un dos motivos desta celebración e atraer xente ao lugar de San Ciprián, no concello de Cervo, para ofrecerlles a oportunidade de  degustar mariscos, pescados e empanadas, sendo o mexillón sen dúbida o protagonista. Cociñado de todas as maneiras coñecidas atoparáse en cada un dos locais hosteleiros da vila a disposición do publico.

 

 


O Evento de Exaltación e Degustación do Queixo de  San Simón, Vilalba,  Lugo, Galicia, celébrase a finais de marzo ou principios de abril

www.sansimondacosta.com 
http://vilalba.org/contidos/festa-do-queixo-de-san-simon-da-costa-5/ 
Tfno. Concello: 982 510 305

Feira Medieval en Monforte de Lemos

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 FEIRA MEDIEVAL MONFORTE  

  FOTOS 2019

 

 

Enlace a galería de Fotos 2018

Reportaxe 2018

 

 

Fotos: Tamara Lebón   y   Peruchela

La representación de las antiguas Ferias  Medievales es una gran escenificación de aquella época.  Es una gran actividad lúdica de las gentes de hoy con el  interés de perpetuar en la memoria otras gentes con otras costumbres en estos mismos lugares.

 Se realiza  en numerosos puntos de la geografía española y año tras año cuenta  con  mayor afluencia de público y de participación.

Cuando esta feria se celebra  en un lugar  como Monforte de Lemos, la que fuera una de las principales  villas  feudales  gallegas, la fiesta se convierte en algo más .

Resulta   fácil trasladarse a la época de los curanderos y magos del medievo, ya que  los puestos de  jabones artesanos, cristales,  minerales y amuletos  invitan a ello.

Plantas medicinales de todo tipo y para todo tipo de dolencia o tratamiento, puédense encontrar en este día así como disfutrar de la contemplación de aves de Cetrería, tan comunes en otras épocas.

El torneo Medieval del duelo Ecuestre se ha representado  por primera vez en la edición 2015, teniendo una gran acogida entre los asistentes al evento. El  Riepto o Reto, al que otrora se recurría para probar la verdad o falsedad de una acusación, terminada muchas veces de ese modo.

 

 

Los visitantes de esta feria medieval disfrutaran de una jornada  de ocio diferente, en especial los niños que tienen la oportunidad de montar en los burritos llegados hasta aquí para la ocasión, practicar su puntería con las flechas   y alucinar con la demostración de cetrería.  Estas posibilidades se pueden complementar a la perfección participando en los talleres de oficios dispuestos en las diferentes calles, zoqueiras, tejedoras, tallistas, alfareros...

 

 

Los puestos de artesanias aumentan en cada edición, la belleza  e ingenio sorprenden gratamente al público asistente. Ornatos en cuero, plata, madera, piedra o cristal. Símbolos mágicos, Celtas,  Vikingos... Tatuajes de quita y pon, churros de chocolate, crepes recién elaborados, puestos de panes típicos del país,  hacen las delicias de los más golosos y para los más clásicos los puestos de pulpo no faltan mientras al fondo se escuchan  las  gaitas llenando las calles de ese nostálgico Son que producen.

La plaza de Abastos abre durante los dos días de la feria y en el además de asentarse los puesto clásicos de cada día se le añaden otros puestos de viandas venidos de  otros puntos de la geografía gallega, chocolates, quesos, roscas...

 Ya para terminar, explicarles a los hasta aquí llegados que en muchos negocios hosteleros  tienen  ofertas de época todo el fin de semana que podran degustar acompañados de los vinos de esta zona de la Ribeira Sacra.

Por la noche en los  PUB de la calle Duquesa de Alba  se sirven los  tradicionales chupitos medievales.

Esta celebración en Monforte de Lemos se realiza  coincidiendo con los dias grandes de la Semana Santa, así que si quieres conseguir alguna de las exclusividades que en este evento se ofrecen no te olvides planificar venir a vivir alguna edición. Te esperamos!!!

 
  

 

 

 

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA