De bagoas na choiva - Galiza

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Poesía Galega

DE BAGOAS NA CHOIVA

Galiza

Esta é unha terra donde os camiños se esquencen de ser

Os lameiros acadan a percura do gando

E os arados fican esquencidos nas hortas

 

Eiquí os homes cotizan o carón dunha sombra

Lembrando, quizais, algunha historia anterga

Namentres os defuntos suman postos no camposanto

E cada ano son menos os que fican cos vivos

 

A Galiza rural da labranza, da vendima e da augardente

Dos lonxevos corvos na alambrada vella

E as cegoñas zancudas por tódalas veiras

 

Hoxe non ouvean os lobos no Outeiro

E o can que gardaba o gando

Perde o senso adormecido no chan das escaleiras

 

E a choiva asoma no val de Lemos

Sempre bendita, sempre esperada,

Como unha amante malquerida

Ni con ela, nin sen ela, fican ben os galegos

 

Ainda alumean as estrelas con forza nas aldeas

Algunas casas novas e moitas casas vellas,

As farolas as veces non prenden…

Hai cousas que son un luxo,

cando xa non queda xente

  

E pra dez igrexas ben vellas

un só crego, co digno esprito de ser

quen sostén a esperanza dos que nunca creeran

 

A Galiza  das bagoas na choiva

Da neboa enfeitizada o encender e a adormecida

A do lusco e fusco, a do forno de leña,

A da vendima e a dos contos de meigas

A da recollida da herba e a da malla na eira

 

A Galiza que pranta e pranta arbores tardías

Para poder xubilarse, ou por si acaso.

A que fai a matanza do porco

Porque no quere morrer sen ela

A que presume de lacón, caldo e patacas

E adoece polo pulpo na cocina de leña

 

A Galiza do pan centeo cocido en forno de pedra

A Galiza da xente que traballou

Ata deslomar os osos

 

A Galicia heredada dos nosos antergos

O Pepe, a Anita, a Marisa, a Remedios,

O Manolo, a Maruja, a Rosa, o Manuel,

A Herminia, o Fernando, a Filomena,

O Javier, a Besita, o Paco…

 

A Galicia dos que ainda son

E a dos que tanto quixemos

imprimir Correo electrónico

Curso da Historia

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Esta nova sección de Cultura surxe da idea de por a dispor dos visitantes desta web documentación pública recopilada de diversos medios dixitais que fan referencia á historia da lingua e a cultura galega e dos galegos de dentro e fóra da rexión.

Para min é un privilexio poder estrenar esta sección  reconducindo esta publicación que foi realizada por o gran persoaxe,  escritor  e estudioso Xosé Neira Vilas, a quen tiven o gusto de coñecer dous anos antes de publicala, xa que como el ben explica as edicións anteriores esgotáranse.

Nesta triloxía agradece ao consello da cultura galega e a secretaria xeral de política linguística  a axuda para a súa publicación e distribución.

Nos dende esta web, poñemola a disposición pública dos visitantes, sen ánimo de lucro e como un complemento a formación autodidacta que debe conservar o home.

Idea que xurde para fomentar o coñecemento entre os máis xovens como inciativa didáctica.

Dende a nosa páxina estamos a facelo dende os orixes da mesma, con enlaces a algunha outra publicación cedida como por exemplo "  a Corda da Santa Compaña" , do amigo e xa finado escritor, Raúl Morales.

Si desexa colaborar con nós e enviarnos algún enlace a algún relato que queiras compartir publicamente sen ánimo de lucro podes poñerte en contacto conosco a traveso da seguinte ligazón Atención e Información

 

 

 

 

imprimir Correo electrónico