Outara
http://aldeasgallegas.com/outara/outara.htm
"Óutara, Santa María"
Lugares: A Aira Vella, Biduedo, Bruñeira, O Couto, Óutara, Porvenza, O Pumar, A Rúa do Pozo. O topónimo de Ouctar aparece nun documento da catedral de Lugo do século XIII. Nos límites desta parroquia atopouse unha estatuilla romana. "
A fertilidade das terras de Outara son recoñecidas entre as xentes das parroquias colindantes. Os seus precursores habitantes castrexos foron veciños de ideas e costumes durante décadas dos contemporáneos poboadores dos castros de Freituxe, Canedo e Piño.
As huellas romanas non se percatan en Outara pero unha ruta a pe diríxese a Viduedo onde si hai certezas da súa pasada presencia, relacionada coa ruta do ferro.
A igrexa, capela de san Francisco, do século XVII conta cun retablo renacentista. As paisaxes que a rodean son dignas de admiración.
Os restos das antigas construccións no núcleo do pobo dan testemuña dun explendor e dunha historia pasada importante.
Como noutros lugares da Galicia Rural, algúns emigrados voltaron e arranxaron a antiga casa familiar ou mercaron unha en semi- ruinas para restaurar e pasar os derradeiros anos de vida na tranquilidade, liberdade e bó ambente deste tipo de núcleo poboacional.
As festas celébranse na honra a virxe do Carme, antes o 16 de xullo e na actualidade o primeiro domingo de agosto.