Aldeas

Forgas

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

Fontes: Guia do Concello ano 2000, A Voz de Galicia e aportacións propias.

Forgas é unha pequena aldea  da  serra da Pobra do Brollón, de camiño á mesa dos Catro Cabaleiros;  nada máis  pasar o desvio do  San Vitoiro, o seguinte á esquerda.

A toponimia fai referencia ó mundo da forxa realacionado có protagonista da serra : o ferro.

A forxa e o local onde traballaban os ferreiros. Estaba as aforas da casa. Onde estaba a fornalla  soprábanse o aire cun barquín.

O ferro viña das ferrerías, despois de pasar polo mazo onde se estiraba.

As ferramentas da forxa eran : O martelo, serras, alacates e unha zafra ou xunca, fuelle, antracita...

As dúas partes nas que se divide a aldea son Forgas de Arriba e Forgas de abaixo. En Forgas de arriba non queda ninguén a vivir, algunhas vivendas teñen derrumbes importantes. as mostras de arquitectura tradicional  salpincan as dúas Forgas, casas, sequeiros, muiños e alvarizas.

Unha ponte de madeira en perigo de derrumbe permite cruzar o río en Forgas de arriba  para ver un muiño e unha cascada. A carón da ponte o que queda dun sequeiro.

 

 

 

 

Son poucos os veciños que viven eiquí na actualidade. Nos típicos fornos de leña seguen a facer o pan, de cando en vez,  nas súas terras  seguen a cultivar as hortas, nas alvarizas recoleitando mel e nos seus soutos a recoller ano tras ano as esperadas castañas, pero non na medida que o fixeran durante séculos.

 Na actualidade os sequeiros das castañas  e muiños desaproveitados. Perderon o uso que se lles daba antes.Tampouco se aprecian cultivos de cereais, que noutrora si se facía.

As rochas a carón do cauce do río son moi esbaradizas e hai que ir con precaución.

No albume de fotos pódense apreciar as antigas construcións  o muiño, as hortas.

BRINDOS DE FORGAS

Son cantares improvisados . Unha tradición destas terras. https://youtu.be/dY4pyDlmi6k

"A tradición musical da Pobra do Brollón  está recollida no  libro "Os últimos brindeiros de Forgas" . A obra, editada por Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense, recolle o legado dos irmáns José e Álvaro Veloso Valcárcel, cantores populares da aldea de Forgas de Abaixo que mantiveron viva ata ese momento a vella e case desaparecida tradición dos brindos ou cantares improvisados, compartida coas terras veciñas do Courel, Quiroga, O Incio, O Cebreiro e o municipio leonés de Oencia.

Xosé Lois Foxo resaltou o carácter «absolutamente orixinal» dos brindos da montaña lucense, sinalado que este xénero ten unha estrturua musical propia que o diferencia claramente doutros cantares improvisados, como as coñecidas regueifas.

Foxo sinalou por outro lado que os irmáns Veloso son practicamente os últimos representantes deste xénero musical xunto con Antonio Río Montero, coñecido como Ribeira de Louzarela, cantor popular natural de Pedrafita do Cebreiro que colaborou hai anos nun disco do gaiteiro Carlos Núñez.

A tradición dos brindeiros non foi continuada por xente máis nova e os poucos intérpretes deste xénero que seguen vivos na actualidade son todos de idade xa moi avanzada. Só nos últimos anos foi posible recoller testemuños audiovisuais desta antiga modalidade que está a punto de extiguirse. «Grazas a estas persoas chegamos a tempo de recoller as últimas mostras dunha tradición moi importante que polo menos deste xeito poderán ser legadas ás xeracións futuras», apuntou Foxo a este respecto."

 MAIS SOBRE FORGAS

Apreciado pola cantidade de castiñeiros, tanto centenarios como novas plantacións 

Peruchela 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

/

 

imprimir Correo electrónico

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web