San Xiao de Veiga
LUGARES DO SUR DE LUGO
SAN XIAO DE VEIGA
No concello da Pobra do Brollón atopamos á parroquia de San Xiao de Veiga que xunto coa de Ferreiros son as únicas que contan con edificios de orixe románico.
A igrexa parroquial pertence á segunda metade do século XII, a excepción da sancristía que está adosada ao alzado sur da nave. A súa teitume de madeira a dúas augas, muros de mapostería de lousa, esquináis de granito e curberta de lousa.
"A porta principal está adornada cun arco abocinado de tres arquivoltas e arista con tímpano liso sobre mochetas sen decoración. Ten un arco triunfal de medio punto e arista viva con columnas nunha orde e capitéis decorados con motivos vexetáis. Tres treitos na cabeceira exterior cunha ventá na central, de medio punto, arquivolta en arista e columnas acodadas. Canecillos baixo o aleiro."
Esta parroquia no ano 2015 contaba con 29 habitantes agrupados nas entidades do Campo, Centeais, Cortiñas, Picais, A Ponte, Outeiro e Vales.
Quedan vestixios dos seu castro, un foxo e a muralla, na estrada de Cruz do Incio á esquerda, no cruze de Piño.
FESTAS Na honra ó Corpus Cristi o na honra ao patrón San Xiao. Segundo a tradición o santo sae en procesión ata crúzalo río e a Santa misa celebráse ese día ao aire libre.
GRANXA ROBLES
Foi propiedade de Gil Robles e D. Antonio Robles (antiguo Comisario de Abastecemento e Transportes), que era curmán, vendeuna ao Estado no ano 1949 formando parte do servicio de mellora do gando vacún e prados do Plan Agrícola Galego. Foron introducidas outras razas como a South Devon. No ano 1952 realizouse a primeira importación dun macho e dúas femias dando bós resultados.
MUIÑOS
Din que foi en Veiga onde apareceu o Muiño de Man.
Tres dos muiños do río Cabe ao ser paso por esta localidade están recollidos no ano 1255 cando foron vendidos ó abade de Oseira, un deles suponse que foi o de D. Mendo do que falan os documentos medieváis da granxa Císter de Vales.
"Por aquí pasa o Picarrexo afluente do río Cabe, o lexendario río Chalibe no que os romanos temperaron as súas armas."
Enlace catastro Marques da Ensenada onde puedes ampliar información. Realiza a pesquisa.
Bibliografía : Guía do Concello da Pobra do Brollón ano 2000. Estudo cultural da asociación grupo local de desenvolvemento Río Lor
Webgrafía : Wikipedia
Outras aportacións: Dámaso López García
Fotos aéreas de JosÉ López, monitor de parapente
Documentación, Fotografía e Informática por Rocío Rguez