Aldeas

A Hedreira, Couso, Avión

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

HEDREIRA - COUSO - AVION

 

A Hedreira


A Hedreira é un lugar da parroquia de Couso no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro.

Tiña 24 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 15 mulleres. 

 
 


     Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010 cando tiña 23 habitantes (9 homes e 14 mulleres).

 
COUSO


      Santa María de Couso é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.

 
 

Poboación


     Segundo o INE, no 2000 eran 244 os veciños de Couso. No 2010 eran 163 (97 mulleres e 66 homes).

      A perda de xente foi máis acusada nesta parroquia ca noutras. Como en todo o concello, o envellecemento da poboación e a alta esperanza de vida

      feminina provocan unha alta porcentaxe de mulleres fronte aos homes.

 


Lugares de Couso
    

A Hedreira, Couso, Penedo, Taboazas, Vilariño

 
 

AVIÓN
    

Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o INE a súa poboación no ano 2015 era de 1.962 habitantes (2.730

 2006, 2.780 no 2005, 2.804 no 2004, 2.881 no 2003). O seu xentilicioé avionés.

 

Poboación
    

Censo total 1.962

 


Etimoloxía do topónimo
    

O seu nome procede do veciño río Avia.

 


Xeografía
    

Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos

concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

 
 

  É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de

altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.

 
 

A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de

importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.

 
 

     O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de

montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de

 mediterráneo da comarca do Ribeiro. 

 


     Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude,

rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.

 


Patrimonio natural


     Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.

 
 


Patrimonio etnográfico
   

  Salientan, entre as innumerables construcións tradicionais, os chozos do Suído.

 


Historia
    

No século XI Avión correspondía ao territorio xurisdicional do Metropolitano de Braga, recoñecido en 1010 polos bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tui,

Ourense, Lamego, Coimbra, Porto e Viseu. Porén, esa dependencia non debeu durar máis alá da implantación da Monarquía en Portugal en 1139.

 
 

      En 1150, debido a unha competencia sobre límites das dioceses entre os prelados de Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa Uxío III encomendoulle a

resolución do conflito a Afonso VII de Castela. O rei dispuxo o 1 de marzo dese mesmo ano, que o Bispo de Oviedo cedese ao de Ourense a parte

diocesana da Limia, desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río Azor até o Arnoia até a súa desembocadura no Miño; até Barroso coas igrexas de

Petrayn e as de Castela; a de Orcellón; as igrexas de Avia e de Avión.

 
 

     En 1156 o Bispo de Ourense e o Cabido de Tui fixeron unha partición de igrexas das súas dioceses, na que figura o arciprestado de Novoa e Avión;

segundo isto, parte do territorio de Novoa e Avión (mais non Ribadavia), pertencían xa a aquela diocese, e a outra parte do territorio, chamada terras de

Avia e Avión, formaba parte da diocese de Ourense. En 1215 chega a Orde do Temple a Avión, á igrexa de San Andrés de Abelenda.

 
 

En 1375 instáurase o señorío dos Sarmiento, condes de Ribadavia. A súa xurisdición abarcaba as freguesías de Avión, Abelenda, Amiudal, Barroso,

Nieva, Couso (que compartía co mosteiro de Melón) e Córcores. Todas elas debían pagar o tributo da "fumaza" ou "fogaza", abolido por Isabel II en 1837.

 
 

     Trala división territorial de España en 1833 foi concello de seu até xuño de 1843, cando a casa consistorial se trasladou a Abelenda de Avión.

 


Parroquias de Avión   


Abelenda (Santa Mariña), Amiudal (Santiago), Avión (Santos Xusto e Pastor), Baíste (Santa María), Barroso (Santa Baia), Córcores (Santa Mariña),

Cortegazas (Santo Antonio), Couso (Santa María), Nieva (Santa María)

 
 

A Comarca do Ribeiro
   

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

 



 A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e

Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

 
 

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 17.195 habitantes (2014). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos

encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

 


 Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo

descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

 

imprimir Correo electrónico

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web