Aldeas

Outeiro, santa María

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

O MIRADOIRO DE BUSTELO (VAL DE QUIROGA)

*SITUACIÓN:
USO 29
X: 648434
Y: 4707626

*DESCRICIÓN:
Punto de observación, situado a 610 m de altura, que permite contemplar unha boa panorámica dos vales do ríos Quiroga e Sil. Está equipado cun panel interpretativo da paisaxe que pode verse dende alí. Sitúase na estrada que leva de Quiroga á Seara e a Vieiros pola Cruz de Outeiro, polo que se converte nun lugar de parada obrigatoria de camiño a esta zona da serra do Caurel."

 paisajes (2)

 

 

 

"Esta parroquia ten como patrón o San Benito. Situada en terras de Quiroga destaca como outras desta mesma comarca, pola súa arquitectura popular. Un medio particularmente hostil na alta montaña, cun relevo moi accidentado e un clima duro e adverso, con chuvia e neve no inverno. A construción tradicional tamén é un testemuño dunha sabia relación coa natureza, produto de moitos anos de ensaios e experiencias. Unha relación que se atopa hoxe en vías de desaparición por mor do baleiro das aldeas que quedan sen habitantes."


Os condicionantes anteditos orixinaron unha tipoloxía construtiva caracterizada pola súa austeridade e sinxeleza. As casas agrúpanse en núcleos de fasquía compacta e pechada. As comunidades rurais preferían construír os poboados nos terreos menos aptos para o cultivo co obxectivo de ocupar o mínimo espazo produtivo. Trátase case sempre de núcleos con baixa densidade de poboación. En canto á disposición, preférense aqueles lugares resgardados dos ventos dominantes e, ao mesmo tempo, cunha axeitada exposición ao sol.


A casa da montaña é unha construción sobria, individualizada por un acceso exterior mediante unha escaleira de pedra e dotada en moitas ocasións de corredor. Para a construción emprégase xeralmente xisto, madeira da zona e lousa. Os muros de cachotería, elementos que soportan a estrutura, son grosos, de menos de 0,5 m de espesor. As paredes non son moi altas, non acostuman superar os dous metros. As ventás son escasas e están normalmente enmarcadas con madeira. A cuberta é case sempre a dúas augas a base de lousas grosas. Os beirís acadan unha grande importancia pola necesidade de lograr espazos protexidos.


A distribución interior é sinxela, dado o limitado número de dependencias que ten. A planta baixa dedícase ás cortes e ao almacén, onde vive o gando e se gardan os apeiros de labranza. No andar, ao que se accede pola escaleira e, segundo o grao de desenvolvemento económico, podemos atopar un ou varios compartimentos. O piso é de táboas de madeira. Na cociña disponse a lareira e, por riba desta, a caniceira ou canizo, onde se afuman algunhas partes do porco. No espazo situado baixo o tellado ou faio gárdanse diversos útiles que non se empregan habitualmente.


O corredor é o elemento que personaliza esta tipoloxía e normalmente vai ao longo da fachada principal. A súa funcionalidade é diversa, xa que ademais de servir de protección contra as inclemencias meteorolóxicas, é o lugar de acceso dende o exterior ao primeiro andar. Tamén se utiliza para secar diversos produtos agrícolas e incluso para colgar a roupa. Construtivamente consiste nunha estrutura de madeira que conforma un espazo horizontal, cunha anchura que oscila entre os 60 cms e o metro. O chan acostuma ser de táboas ou de lousas. Onde as condicións son especialmente duras, protéxese cunha varanda a base de grandes lousas de xisto. "

O mel e as castañas, abundan nesta terra. Os seus embutidos son espectaculares. Hai unha especie de sobrasada que leva, aceite, mel, pimenton, carne, cabazo e arroz  que é unha delicia para os sentidos. Vir a Outeiro é como teletransportarse no tempo.

 

 

imprimir Correo electrónico

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web