Citas culturais anuais

Feira do Capón en Vilalba

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

Feira do Capón , decembro 2018

10:00 - 15:00 Lugar: Plaza da Constitución

Os amantes da gastronomía teñen cita anual na “ Feira do Capón en Vilalba” , en pleno corazón da Terra Chá (Lugo).
Vilalba e a comarca da Terra Chá son o centro na produción de capóns a nivel mundial.
O especial coidado na súa selección e cría provocaron que se convertese no primeiro prato de moitas familias nas celebracións de nadal.
Nesta feira iníciase, á primeira hora da mañá, a compra e venda dos capóns.
A ela acoden compradores que se desprazan desde os máis diversos puntos da xeografía galega.
O capón xa era moi famoso polo século XIII.
Ata non hai moitos anos,algúns alugueres pagábanse con capóns, mesmo hoxe en día úsanse como agasallo.
Os capóns son cebados durante un longo período de tempo de forma artesanal, isto fai que o produto teña unha excelente calidade , polo que hai exemplares que se venden a un alto prezo.
O xusto renome do capón de Villalba é debido á estimada selección e esixentes coidados ao que o someten os labregos cebadores vilabeses.
En abril seleccionan os pitos amarelos que nacen das galiñas do país e que sete meses máis tarde, en novembro, encerran nunhas gaiolas especiais de pequenas dimensións chamadas capoeiras.
 
 

Tags: Vilalba

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web