ARTIGOS RECENTES

AS CORES DO OUTONO

CASTRO DE REI DE LEMOS

SAN FACUNDO DE CEA

Citas culturais anuais

O San Martiño en Galicia

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

San Martiño eiquí e aló, o patrón oficial da Matanza do Porco en Galicia.

Refráns

Polo San Martiño, castañas e viño.
Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.
As castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho.
No San Martiño bebe viño e deixa auga pró muiño.
Con castañas asadas e viño novo xa non morre o pobo.
San Martiño, vai ó magosto e mata o porquiño.
Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín.
No día de San Martiño, abilla o teu viño.
Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.
Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño.
O verán de San Martiño son tres días e máis un pouquiño.
Polo San Martiño, mata o teu porquiño.
A todo porco lle chega o seu San Martiño.
O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.
Polo San Martiño, andan as noces a roliño.
Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño.

sanmartino

A Matanza do Porco    A comida nas matanzas

 

Neste 2018, consérvase na nosa rexión esta ancestral costume de sacrificio animal para autoconsumo ainda que parte da sociedade actual nos tache de asasinos, ou de maltrato animal.

Non comparto as críticas daquela xente que xulga como unha barbarie dita tradición, de sobras é sabido por todos, os que queren ver, cales son as auténticas barbaries desta civilización humana. 

En realidade podo entender porque surxe  cada día máis xente vexetariana, ou extremista como os veganos. Non é por culpa nosa. En canto as grandes empresas son as encargadas de producir non teñen miramentos cos animais  e trátanos como meras mercancías.

Ata os máis amantes dos chourizos nos dan ganas de deixar a carne. Oxalá puideramos volver a vivir cos animais como outrora, criandos con mimo e dedicación. 

O relevo está a desaparecer, a escasa natalidade do rural e a emigración ás vilas, cidades e a países extranxeiros confirman a tendencia do paulatino abandono do rural galego e con él das súas ancestrais tradicións.

Debido pois ao dito, moitas aldeas cun só habitante están deixando de estar habitadas ao extinguirse ese derradeiro bafo que a sostiña. Noutras aldeas,  onde antes eran centos agora son deceas, maiores para traballar nesta ou noutra costume que requira forza, destreza e habilidade, o que eles xa perderon. O puñado de persoas con esas propiedades redúcense a media ducia no mellor dos casos, có que contar con eles para cada unha das matanzas tampouco resulta doado.

A unión de outrora xa non existe, a envexa o odio e a inquina, fan que praticamente teña desaparecido esa confraternidade que tiña acontecido ata fai ben pouco. As novas tendencias fan que procuremos atender cada un ao noso. Ao contar con máquinas para as escasas labores do campo que se realizan hoxe non é necesario esa relación que perseguía ó fin a colaboración entre uns e outros.

Xeneralizar non está ben, e teño que apuntar que hai lugares en Galicia que sobrevive esta unión. Onde os veciños se siguen a axudar. Concellos semidespoboados onde teñen un territorio amplo para labradío, e esta colaboración é precisa para manter as produccións.

Os que se foron están lonxe e cada vez teñen menos interese nos productos da matanza da casa,  xa que outro tipo de viandas forman parte da súa dieta. Pouco a pouco van esquecendo o sabor da aldea.

Os que se van cada son menos, xa que non os hai.  Os que levan décadas fóra, e son vellos, no alén choran e non queren vir ver o sitio onde naceron e se criaron pola magoa de saber do seu abandono.

Podendo ser Galicia a envexa das outras rexións de Europa, por contar có clima, terras e mar máis productivos que calquera dos demais, está sendo o gran lugar esquecido. Todo foi encamiñado ao seu abandono.

Os cauces de produción e distribución dos alimentos agrarios, sostén de vilas e cidades, están en mans das multinacionais que exercen unha explotación animal e laboral sen escrúpulos. Macro-granxas onde o producido ou llelo das polo que che paguen ou non tes a quen venderllo. Conscientes de esa arma, pagan o xustiño para o seu sostenemento e ata que lles interese.

As feiras desapareceron, o mundo mudou e agora dicimos:  Non che ten arreglo a cousa!!! Non hai volta atrás.

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web