Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /mnt/web109/d0/46/51728046/htdocs/joomla_03/templates/gk_magazine/lib/menu/GKBase.class.php on line 114 Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /mnt/web109/d0/46/51728046/htdocs/joomla_03/templates/gk_magazine/lib/menu/GKHandheld.php on line 76 Feira da augardente en Portomarín
Logo

Feira da augardente en Portomarín

 PORTOMARIN    No interior de Galicia    

O val do río Miño cruza de norte a sur por este municipio da provincia de Lugo.
Son numerosos os castros que separan estas augas das do río Ulla.
Neste paraxe, os romanos construiron no século II, unha ponte para cruzar o Miño, de aí o nome da vila, e de eí tamén a tradición de cruzar por aquí para ir a Santiago.
Pra continuar coa historia, mencionar que esta antiga ponte romana foi destruída por orde da raiña de Castela Dña Urraca no ano 1112 d.c. coa intención de frear o paso das tropas de "Alfonso O Batallador", seu home.
No 1120 d.c. Pedro Peregrino reconstruiuno por orde da mesma raiña que o mandara destruir. Seis anos despois este mesmo Pedro Peregrino construiu un Hospital adicado a atención dos pelegrinos, que duraría ata o ano 1944, confiado a Orde de Santiago e logo a Encomenda de San Xoán que era ademáis a encargada do ponte e do camiño de Santiago.
Centos de lendas galegas naceron nestas terras. Cuna de Ilduara, mai de San Rosendo; albergue dos famosos Cabaleiros da Encomenda, que levaban o habito de monxes debaixo da coraza de soldados; e as dos viños e augardentes nesta terra producidos, que os fixeron famosos milleiros de peregrinos que o pasar por eiqui mollaban neles o pan.
Unhas terras salpicadas de nucleos poboacionais con un gran patrimonio de igrexas románicas dignas de ollar, tales como a de Gonzar, Castromaior, ou Cortapezas, e a máis coñecida a do concello, chamada de San Nicolao e tamén de San Xoan, do seculo II declarada monumento nacional español no ano 1931. Poucos anos despois foi transportada pedra a pedra dende o seu enclave orixinal, onde agora dende fai mais de 40 anos está o embalse de Belesar, ata a súa ubicación actual.
Cando o 10 de setembro do ano 1963, morría engullido polas augas o histórico Portomarín nacía de novo no monte chamado do Cristo. Veu persoalmente F. Franco co presidente de Fenosa e o gobernador civil de Lugo e outras autoridades daquel entón, a súa Inauguración e a do Embalse de Belesar, obra de inxenieria punteira en Europa, cunha cola de 54 km, anegou mais de 1820 hectareas repartidas entre os municipios de Chantada, Guntín, Paradela, Paramo, Saviñao, Taboada e Portomarin.
Todo pola preciada electricidade. Os beneficios, os negocios e o progreso, as excusas.
As súas xentes tiveron que, a forza, deixar a terra de sempre, dos seus antepasados, os cemiterios, viñedos, hortas, terras de labradío, casas e todos tódolos seus recordos, creando unha gran traxedia nas súas vidas, que ainda hoxe ao baixar o nivel das augas os máis maiores reviven.
En Portomarín reconstruíronse dous dos barrios que o formaban, San Pedro e san Xoan, unidos por unha ponte que só se ve cando baixa o nivel da auga do embalse.

A igrexa de San Xoán, hoxe denominada de San Nicolás, construída nos séculos XII e XIII, é un dos monumentos románicos máis senlleiros do Camiño de Santiago, a igrexa de San Pedro, data do século X e forma parte dun conxunto integrado polo Pazo de Berbetoros e o Pazo do Marqués de Paredes.

Hoxe, o primitivo pobo está baixo as augas do encoro de Belesar cuxas obras inícianse no ano 1956. A súa cola, de máis de 40 km, somerxería para sempre esta vila, nacendo o Portomarín que hoxe contemplamos no ano 1962. + info
Primeiro domingo de abril

ALQUITARAS EN PORTOMARÍN

Festa da Augardente

A AUGARDENTE GALEGA

No mes de abril celébrase anualmente a festa da augardente.
A tradición permanece no tempo .
 to be continue...
Recorda esta páxina pode ter erros
Domingos Folclóricos

O BAILE TRADICIONAL GALEGO

No mes de agosto Portomarín recibe cada domingo na  praza pricipal a actuación de grupos de baile e cante floclórico tradicional.
Ir un domingo á tardiña alí significa atoparse con turistas abraiados pola nosa historia, cultura e tradición.
Historia do evento
Recorda esta páxina pode ter erros
Image
Template Design © Joomla Templates | GavickPro. All rights reserved.